Do que dixo o outro anónimo lembro un chiste malísimo que se facía pola miña terra. Eran dúas vellas e unha dille a outra: -Sabes que o meu marido mercou un bmw? -boh, iso non é nada, o meu ten un pixó...
O do San Martiño vaino virando, pero aghora o cabrón do perito quéremo dar por Siniestro Total, e eu quero que mo dea por Resentido, e andamos releando. Na miña terra aos bmw chámanlles "ven-vés" (o étimo non está claro, tamén se pode escribir "bembés", /e/ fechado -temos bulla cos /e/ neses casos). Por fóra non hai dúbida, mario, que vivo en Santiago e chove, pero por de dentro, maria, aquilo é un magma de fitas, augas, cotra e libros... O outro día ía pensando nunha palabra e o dicionario Obradoiro murmurouma solermiño (coa súa proposta de estándar fonolóxico)...
9 comentários:
o teu non é un coche; é únha das habitacións de Os novos...
Ánimo ao Zuncho nestes momentos difíciles que está a atravesar... Xa sobreviviu a moitas!
Disque a última que lle deu foi forte, non?
Ánimo ao enfermo!
Esta lémbrame aos míticos LABA EL COCHE GUARRO escritos cos dedos doutros aínda máis guarros sobre a merda dos parabrisas.
Peixó? Que marca tan fónica! Fronte ao usual /peullót/ reivindico o teu nome
Liberté!
Digo... peixó! Ou en todo caso peixote!
(Le cunnilinguiste masqué).
hehe...eu tamén teño un deses...a miseria vaise dando soa no asento de atrás, porque como eu sempre vou no de diante e patrás non vexo...
;)
Do que dixo o outro anónimo lembro un chiste malísimo que se facía pola miña terra. Eran dúas vellas e unha dille a outra:
-Sabes que o meu marido mercou un bmw?
-boh, iso non é nada, o meu ten un pixó...
(por favor non me odiedes por isto)
Agardamos que a ese porquiño non lle chegue de momento o seu sanmartiño ;-)
O do San Martiño vaino virando, pero aghora o cabrón do perito quéremo dar por Siniestro Total, e eu quero que mo dea por Resentido, e andamos releando.
Na miña terra aos bmw chámanlles "ven-vés" (o étimo non está claro, tamén se pode escribir "bembés", /e/ fechado -temos bulla cos /e/ neses casos).
Por fóra non hai dúbida, mario, que vivo en Santiago e chove, pero por de dentro, maria, aquilo é un magma de fitas, augas, cotra e libros... O outro día ía pensando nunha palabra e o dicionario Obradoiro murmurouma solermiño (coa súa proposta de estándar fonolóxico)...
Teño medo
Postar um comentário