25.11.05

Dicionario da Real Miñabuela




Xuntáronse un relfas
e unha desarrousada

Que dous chafastrós

16 comentários:

eue disse...

Pídense achegas do resto dos Dicionarios das Reais Miñabuelas ;-)

Anônimo disse...

a miña chamábanos fariseos de pequenos.Tamén repoliños.....

eue disse...

Ben, ben. abuela estilo Pólvora e Magnolias. Fariseo tamén o di a miña... [repoliño, non, oes]

Lúa Neghra disse...

Canfurneir@s (Marita de Ferrol): dise de noctámbul@s empedernid@s, afeit@s á festa e á carallada en xeral. Penso que vai moi ao caso.

Anônimo disse...

Pólvora e Magnolias? estilo Balbina (Kika) entre os veciños.
Tamén "montóns" cando nos despertaba poals mañáns e "pringhallos" cando nos collía fumando, ó chegar tarde e así.

eue disse...

hahaha! Encántame o de montóns. Se o sabe a miña non me deixa durmir nin unha resaca máis. O da pólvora e as magnolias era porque daba unha de cal e outra de area, fariseos e repoliños, Tri (antes "anónimo", supoño).

eue disse...

Non só a aristrocracia é real, pequeno pollón, [perdón, teño a mente enferma] que diga petit poyon [non é iso un paradoxo?].
A plebe tamén existimos!

eue disse...

Pois si que vai ao caso o de canfurneiro. Hai que lle mirar o étimo. P. ex. eu onte ;-P

Anônimo disse...

E desatrousada? Eh? Que vén sendo? Quero definiciós e etimoloxías!!! Sinto non terche acompañado na canfurnada (familia léxica de canfurneir@s) de onte...

eue disse...

Desarrousarse vén sendo ese xeito de os pitiños movérense "cando teñen frío" ;-) 'dislocarse', vamos
Por certo, relfas é algho entre 'falso' e 'astuto' [vaia sachada, que diría o Rubio]
Chafastró é sinónimo de "antruido" en "vai feito un antruido".
:-*

TXARI disse...

a min miha avoa chamoume anastesico, eu cria que referiase a anoréxico, pero non existe este termo en galego!!!

TXARI disse...

quería diçir que sí que existe este termo em galhejo

eue disse...

Si, Txari. Miña abuela díxonos aí atrás, medicamente tamén, que lle "saían moi ben os anales". Muito rimos

acedre disse...

Endroghamundos.
Tipica resposta sobre o que pensa unha senhora maior sobre a xuventude.

Anônimo disse...

Confirmo o de montón, ás veces enriquecido con certo sintagma nominal moi explícito. Para elas os magníficos martacona e cona de unto, de significado difuso pero obviamente despectivo. E tanto para elas como para eles: cordabán, que me arrisco a relacionar con cordobán, "tipo de coiro feito en Córdoba", e que supoño que virá significando 'persoa túzara e pouco sociable'.

Anônimo disse...

pescarraxeiras (esta do avó), que vén sendo cando estás ao sol rañando a vía. gráfica de todo