15.12.05

Idiosincrasia matria



A min ghústame o meu traballo

pero se non mo paghan
non me divirto

20 comentários:

eue disse...

Teño a teoría de que se pode facer unha idiosincrasia galega a partir das frases míticas de nosas nais... Axuda!

Anônimo disse...

Frases míticas das nossas nais...
A primeira poderia ser «Era visto!», quem não a ouvisse nunca que tire a primeira pedra :-)

Anônimo disse...

Longa vida á artista quen de facer traxes de faralaes para que os leve un fillo punqui e de facer ligueiros coa bandeira de España invertida!

eue disse...

Efectivamente, como se pode dicir máis con menos? Variante: Que che dixen eu?

Si, Luíña, eu tamén son fan d'O Leo... :-9

Anônimo disse...

A mítica da minha abueeeela é a de: "Sale delante" (isto é "sae de diante" ou "sae do medio", variantes mais comprensíveis).
juas juas

Anônimo disse...

a minha tem várias, como você sabe, e mais desta volta vou ficar com a de "non cuspas tan alto que todas as sobérbias caem" ;-)

eue disse...

Iago, é vostede do galego estremeiro?
i.a, a miña (e mais miña nai), cando unha muller ten muitas pretensións din que "mexa mui alto". A das soberbias tamén a temos

eue disse...

Hahaha! Si, Píntega, tou pensando en pór xa directamente unha sección de enquisas... ;-)

Anônimo disse...

Só mexan alto as mulleres? Cando unha muller ten pretensións é soberbia, cando as ten un home é natural...

Anônimo disse...

Hehehe, q va! É q a minha avó nasceu na Argentina e fala castelhano, mas mete castrapadas e tal (aínda q isto não sei se seria castrapada, é "abueliano de toda la vida").

eue disse...

A idiosincrasia herdada éche o que ten, Lúa Neghra.
Case ma mete dobrada, Iago! Xa dicía eu...

Anônimo disse...

A miña resólveo todo con aquilo de "así non ha haber home que te leve"; claro que aínda non sei a onde. Caladinha

eue disse...

A miña dicía: "Eres tan lento que cando lle pidas matrimonio á túa moza xa che vai estar casada con outro". En fin

candorca disse...

Non sei, non sei,... as frases da miña nai remataban todas en "[texto] + unhas sorreghadas".

eue disse...

hahaha! A miña, cando se cabreaba, trocábame o nome: Leónidas!

Anônimo disse...

Aquí vai outra matriada:

"Caghenodíos que che matriculou"

Anônimo disse...

E nunca vos dixeron, cando estabades mixiricas, "vas chorar por algho"?

eue disse...

Sisisí, Luíña!
Tamén unha de meu pai:
-Por se me bates, se non fixen nada?
-Por iso mismo

eue disse...

Fe de erratas:
Por que me bates

Anônimo disse...

outra caralluda que vai nesa liña son: "vaiche subir o sangue os narises"; "vas levar no buso"; outra boa era "ghuíate por túa nai que se non..."