31.3.06

Lugar de traballo



Por aquí hai quen di
que traballa arriba

eu traballo alá

9 comentários:

Anônimo disse...

:)
e os que teñen 'acolá'?

TXARI disse...

bueno...trabalhas que é o importante, coma dirían na costa da morte, Jà podes manter a mulher, ala.. a casarh!!ou que caralho pensas que vas a vivir tuda a vida de nós!!ajj

eue disse...

Traballo pero tampouco non che son funsionario, que a todo hai quen ghañe (miñabuela) ;-)
E si, os d'acolá son un concepto importante, expediente X.
Pero estou contente, eh! O post quería retranquear máis no "arriba" ca no "alá".

SurOeste disse...

Arriba que quere dicir, cos xefazos?

eue disse...

Non, ho. Hai moita xente na tele que di, por exemplo, "me voy, que tengo mucho trabajo arriba", e con iso refírense a que van á tele currar.
Dúas perspectivas espazo-temporais, "arriba" e "alá".
Évos iso, namais...

FraVernero disse...

A verdade, non me estrañaría... A programación parece ordeada polo mesmísimo Lucifer... xD
Iso sí, agora teñen dous novos chilotes que me resultan, alomenos, graciosos. Un é unha especie de programa de debates (o outro día, López Veiga recriminándolle un comentario a unha lerda da COPE; ata qué extremo imaxinade que chegou a señoriña nas súas barrabasadas). E outro, de título simpático: 'Volver ao Rego', no que un orondo Barreiro Rivas adícase a cafetear e latricar para ledicia súa e dos contribuíntes...
xD

SurOeste disse...

Ai si, si, claro, ese tipo de estrañas correspondencias: "bajarse al moro", ¿No vas a bajar hoy?, bajar al pueblo...Influencia das variedades vulgares do castelán que inzan a tele, penso eu. ¡Ata Rajoy fai os participios en -ao!

Anônimo disse...

Bufff que noxo me dan esas expresións de "aires"...

Unha aperta.
:)

candorca disse...

Buah, neeeeno tremenda relación espazo-temporal, isto é culpa todo do cronotopo (como diría aquel que lle chamou estúpido -ou era idiota- na cara ao seu amigo Vargas Llosa).
Agora me apercibo... eue, ti eras o que facía de Coco en Barriosésamo?
Certamente, a xente da Tele éche outra especie: é para os xornalistas o mesmo ca o Corte Inglés para vendedores afamados; o conto é presumir, e eu pregúntome: presumir de que? Agora caio, presumir de ser un servo de Deus no peor sentido... de aí lle ven o de "Arriba". Levitade, filliños, levitade mentras podás... alguén vos baixará á terra e terés que desprazarvos pola planicie, coma os máis.