Hahaha! Pois que saibas que vou pór o ghorro famoso. Así que amentarei a festa da Serra da que é natural o pucho, logho! Por certo, eue, grazas polo post ;-)
A min a foto esta xa me empeza a ghustar, aínda que ó principio confeso que me sobresaltou (é coma todo). Transmite moito sentimento...vouna imprimir na miña laserjet e peghala na carpeta. Só me queda imaxinar unha voz esghazada e melancólica de trobador punki.
Xa está, imprimino. Saes en branco e neghro (pérdese a cor do caravel), pero a min o que me interesa é o narís. parécese ó da miña avoa. Sodes fabas contadas os do fuciño aquilino. Aínda habemos de ser algho curmás.
Máis arriba ou máis abaixo, Suroeste? Di frío ou quente... Valdoviño, Cedeira, Capelada? Ou Pontedeume máis ben? Si, os que temos ascendencia semítica temos ese narís inconfundíbel.
Moita filoloxía, moito ALGa, moito Pacorei (isto é unha maldade), ó final para ter que dicirvos non só a parroquia senón o partido xudicial. Pedide papas e recoñecede que non dades feito. Dareivos a derradeira: Ós desta tribu gústannos as papanduxas (no tempo delas).
E máis, máis xa non vos podo dicir. Musgallo debe ter boas fontes e Eueeee como lle dá preguiza ir á biblioteque pois busca en google e asi lle vai. Como se á globalité lle importasen algho as papanduxas.
20 comentários:
Ui!Non sei se marche ou se quede en Compostela esta finde. A ver se compaxino a viaxe ás terras do Lérez coa festa no Ambigú...
marcharei pero volverei pa quedar... isto promete...
Hahaha! Pois que saibas que vou pór o ghorro famoso. Así que amentarei a festa da Serra da que é natural o pucho, logho!
Por certo, eue, grazas polo post ;-)
A min a foto esta xa me empeza a ghustar, aínda que ó principio confeso que me sobresaltou (é coma todo). Transmite moito sentimento...vouna imprimir na miña laserjet e peghala na carpeta.
Só me queda imaxinar unha voz esghazada e melancólica de trobador punki.
Hahaha! Mi ma.
Vaticino que ao Arremecághona lle vai facer muita ilusión andar en carpetas filolóxicas apeghado!
O anónimo era Eue, estraño na casa propia
Xa está, imprimino. Saes en branco e neghro (pérdese a cor do caravel), pero a min o que me interesa é o narís. parécese ó da miña avoa. Sodes fabas contadas os do fuciño aquilino. Aínda habemos de ser algho curmás.
Ha! Collinte. Es da zona do masculíno e feminino plural en -n en -ás. Terra de Trasancos, non?
Unha aperta.
Vásteme aproximando, pero aínda che falta a carreiriña dun can. Non son da Terra de Trasancos.
Máis arriba ou máis abaixo, Suroeste? Di frío ou quente... Valdoviño, Cedeira, Capelada? Ou Pontedeume máis ben? Si, os que temos ascendencia semítica temos ese narís inconfundíbel.
Uns narizóns, ou narizotas, coma n'A vida de Brian
Queridos fuciños filolóxicos:
Moita filoloxía, moito ALGa, moito Pacorei (isto é unha maldade), ó final para ter que dicirvos non só a parroquia senón o partido xudicial.
Pedide papas e recoñecede que non dades feito.
Dareivos a derradeira: Ós desta tribu gústannos as papanduxas (no tempo delas).
Onde topaches as papanduxas, Musgallo, que busquei no Google e nada! Só me saían as das Rías Baixas.
Non son dos Loureiros ho, que son papanduxeira!
E máis, máis xa non vos podo dicir. Musgallo debe ter boas fontes e Eueeee como lle dá preguiza ir á biblioteque pois busca en google e asi lle vai. Como se á globalité lle importasen algho as papanduxas.
Ai, que me espapanduxo co conto!
Xa pasou o tempo das papanduxas, case estamos en maio... ainda que eu as prefiro en compota...
Ahhh, Pablo sabe. Pablo, dilles a estes amigos onde é a túa área de referencia afectivo-dialectal.
Mi má, a miña área de referencia afectivo-dialectal!!!... E iso que vén sendo? A miña aldea? :P
Ti saberás quen che facía as papanduxas.
Mágoa que non houbera concerto... polo menos así me visitou a lúa...
Postar um comentário