Á miña chámolle "pichiña", e muitas veces pásanos que nos bicamos e descubrimos que é no medio e medio de enclaves urbáns míticos, coma os da foto. ;-*
a min gústanme bastante os clásicos, que se están a perder tipo: a miña ghefa ou a miña parenta...; onde se amosa o carácter de dependencia e sumisión do home cara a súa parella...
as miñas brever e esporádicas relacións non chegan a un grao de confianza suficiente como para chamarnos cousiñas destas, pero gustaríame experimentalo algunha vez: cari, ceo, sol, cuchipandiña...
Pero teño que confesar que hai uns meses tuven unha amante á que chamaba "miña zorra" e ela a min "home malo"... supoño que o importante é como se di, non?
Hai unha variedade rica de epítetos, tal a literatura homérica. Entro os meus favoritos: 'demo', 'república', 'senfueghos', 'raposo-fox', 'miña vaquiña' e outros varios...
:-D. Polo de agora vai gañando, como sospeitaba, "cari". Fra Vernero, vostede nunca deixa -xa llo teño dito- de me sorprender: "república"? Poreino en práctica, a ver... Pensei que os churripuchis, chucus, etc., habían ser máis. Bouzafría, racho coa risa imaxinándoo ;-DDD
ninguén lle chama 'o inimigo'? meu pai a miña nai 'a miña ama', pero sempre en terceira persoa. na familia (campesiña) tamén temos a variante finísima 'a miña dona'. quero un home que me chame case calquera das de fravernero.
O conto debería distribuírse por áreas xeográficas e por tipos de persoas, mais non o vou facer eu.
Hai quen lle chama "a miña hembra". Tamén coñecía o de "o inimigo". Outro clásico é "a jefa". Despois están todos os empalagosos, de sobra coñecidos.
O que sempre me resultou curioso é que os meus pais (e os meus avós tamén o facían) sempre se chamaron "compañeiros" (tanto falando entre si como falando cunha terceira persoa) (ex.: "a ver compañeiro, senta aquí"; "estou a esperar pola miña compañeira"...). Nota aclaratoria: os meus pais (os meus avós menos) non responden ao perfil de "progres", non son novos, nin funcionarios, nin profes, nin militan en ningunha organización política...
Grazas, Píntega [aínda que aquí estou arestora, como podes ver, comentando... hehehe].
Ese é o tipo de progresía, Depósito, que sempre me interesou. Miña nai é a persoa máis revolucionaria que coñezo. A súa é unha progresía sentida, de verdade, non mediatizada por ideoloxías que "se supoña" que teña que "demostrar". Iso de compañeiro/a, e así usado, nese contexto e nesas oracións, demostra que hai unha progresía "posíbel".
Eu tiven unha que lle chamaba "micha", "michinha". A minha muller chamolle Aninha, Nuskinha, "toupeghinha", "parvinha", "chouchinha", etc. Empecei chamandoa "Lourican" e "chea de lixos" pero, non sei por que pero non lle gustaba.
ai, a min que me chamen polo nome, que isto é moi cursi... unha vez creo que me dixeron "cari", pero non sei se foi que o imaxinei, e non me atrevín a preguntar por medo a unha resposta afirmativa. o que si me gusta e cando me din "tonta" ou "parva"(cariñosamente, claro)
Cando tiña 14 anos e comecei a saír polas noites, atopeime cun rapaz maior ca min que ousou chamarme "cari"... non podo expresar aquí o rebote que pillei. Máis tarde chamáronme "Maga", e xa non me puiden resistir...
Meu pai á miña nai: "Nuca", aínda hoxe non sei ben que pretende... hahaha
Laurindinha non se puido resistir ó de Maga, sobre todo porque estaba lendo Rayuela cando llo dixeron por primeira vez... (la Maga...). Os nosos pais xa son maiorciños, non creo que soubesen o da osa Nuca... Creo que me quedo co de República! Fra Vernero non deixa de sorprendernos!
Miña nai! É que o de "cari" é para romper calquera relación, do tipo que sexa, con quen te chame así. Non sei por que pero cando escoito "cari" vénme á cabeza a condesa de fenosa (rediós, que subidón!).
Eu escoitei, e utilicei tamén algunha vez: "repoliño", "meu xirelo", "ghatiña", "raposa", etc., e algunha vez: "cuchina", "pendanga" ou "loba!" ;-) (hai quen utiliza tm "cheirenta"... no comment).
Claro que tamén están os típicos e míticos: "miña xoia", "miña preíña", "hembra-da-casa", "ghuaaaapa", "collona", "miña-flor", e outras xa citadas.
Tamén escoitei a parellas chamárense "carameeeeliiito", (e non foi na escena do puticlú de airbag). Pero supoño que a quen llo escoito está acostumado a cantar "alabaré, alabaré..." "Si en verdad dios te ama di amén..." e ese tipo de cousas.
E logo, á xente que agora ten 50 anos ou máis sempre a escoitei chamárense polo nome (a non ser os que tivesen piso en Santiagho ;-)).
A Banshee é unha fada ou espírito ancestral que se lle asparece a certas familias irlandesas no momento da morte: os O'Neills, os O'Briens, os O'Connors, os O'Gradys e os Kavanaghs. Pode ser unha moza, unha muller madura ou unha vella, representando ás tres deusas celtas da guerra e a morte: Badhbh, Macha e Mor-Rioghain. Adoita vestir de gris, e aparecer lavando roupa ensanguentada no río. Non se ve nin se escoita até o momento da propia morte. ë un son agudo, coma o dunha coruxa. Tamén pode aparecer con forma de corvo ou coruxa. Eu tiven un amante que estudaba o mito da Banshee... Pero nunca me chamou así (afortunadamente).
29 comentários:
Á miña chámolle "pichiña", e muitas veces pásanos que nos bicamos e descubrimos que é no medio e medio de enclaves urbáns míticos, coma os da foto.
;-*
Joder, tío, isto estase parecendo á "Nuevo Vale".
Eu á miña chámolle chiniña.
a ver, de entre os nomes que lles apugem aos que foram, escolho "pequeno" ou "pequeninho" e tamém "prenda" ;-)
a min gústanme bastante os clásicos, que se están a perder tipo: a miña ghefa ou a miña parenta...; onde se amosa o carácter de dependencia e sumisión do home cara a súa parella...
as miñas brever e esporádicas relacións non chegan a un grao de confianza suficiente como para chamarnos cousiñas destas, pero gustaríame experimentalo algunha vez: cari, ceo, sol, cuchipandiña...
Pero teño que confesar que hai uns meses tuven unha amante á que chamaba "miña zorra" e ela a min "home malo"... supoño que o importante é como se di, non?
Hai unha variedade rica de epítetos, tal a literatura homérica. Entro os meus favoritos: 'demo', 'república', 'senfueghos', 'raposo-fox', 'miña vaquiña' e outros varios...
No meu caso,moitas veces chamámonos polo apelido.
Da unha sensación ben rara.
Eu chamolle chulinho ou cari depende...
Unha aperta.
:)
Eu depende das parellas que tiven, dende cari, mari, neniño... Cursiladas varias que negarei en público :D
:-D. Polo de agora vai gañando, como sospeitaba, "cari".
Fra Vernero, vostede nunca deixa -xa llo teño dito- de me sorprender: "república"? Poreino en práctica, a ver...
Pensei que os churripuchis, chucus, etc., habían ser máis.
Bouzafría, racho coa risa imaxinándoo ;-DDD
Confesa que tamén usas iso de "cari"...
A min, o meu Corto chámame Banshee...;-)
ninguén lle chama 'o inimigo'?
meu pai a miña nai 'a miña ama', pero sempre en terceira persoa. na familia (campesiña) tamén temos a variante finísima 'a miña dona'.
quero un home que me chame case calquera das de fravernero.
Si, si. Esqueceume antes comentar que tamén uso cari. Sen rubor!
Tamén me gusta "miña rola", non rula, que é da miña área dialectal.
Eu sei dun que lle chama o inimigo, m)alicia, un que é exactiño ao Fruiteiro de 7 vidas ;-DDD
chichi, de chichito. eu tiña un colegha que llo chamaba ao can con tanto cariño que me quedou para sempre a expresión.
O conto debería distribuírse por áreas xeográficas e por tipos de persoas, mais non o vou facer eu.
Hai quen lle chama "a miña hembra". Tamén coñecía o de "o inimigo". Outro clásico é "a jefa". Despois están todos os empalagosos, de sobra coñecidos.
O que sempre me resultou curioso é que os meus pais (e os meus avós tamén o facían) sempre se chamaron "compañeiros" (tanto falando entre si como falando cunha terceira persoa) (ex.: "a ver compañeiro, senta aquí"; "estou a esperar pola miña compañeira"...).
Nota aclaratoria: os meus pais (os meus avós menos) non responden ao perfil de "progres", non son novos, nin funcionarios, nin profes, nin militan en ningunha organización política...
Chamámonos Pitu (de Pitufo/a)
Grazas, Píntega [aínda que aquí estou arestora, como podes ver, comentando... hehehe].
Ese é o tipo de progresía, Depósito, que sempre me interesou. Miña nai é a persoa máis revolucionaria que coñezo. A súa é unha progresía sentida, de verdade, non mediatizada por ideoloxías que "se supoña" que teña que "demostrar". Iso de compañeiro/a, e así usado, nese contexto e nesas oracións, demostra que hai unha progresía "posíbel".
Pois pra min é "meu rei" mais "cosiña"; e se anda alguén preto "rei" namais. Se falo del con outra xente é "o compañeiro".
Estache interesante o tema.
Eu tiven unha que lle chamaba "micha", "michinha".
A minha muller chamolle Aninha, Nuskinha, "toupeghinha", "parvinha", "chouchinha", etc.
Empecei chamandoa "Lourican" e "chea de lixos" pero, non sei por que pero non lle gustaba.
Eche ben boa esta pregunta.
ai, a min que me chamen polo nome, que isto é moi cursi... unha vez creo que me dixeron "cari", pero non sei se foi que o imaxinei, e non me atrevín a preguntar por medo a unha resposta afirmativa. o que si me gusta e cando me din "tonta" ou "parva"(cariñosamente, claro)
Cando tiña 14 anos e comecei a saír polas noites, atopeime cun rapaz maior ca min que ousou chamarme "cari"... non podo expresar aquí o rebote que pillei. Máis tarde chamáronme "Maga", e xa non me puiden resistir...
Meu pai á miña nai: "Nuca", aínda hoxe non sei ben que pretende... hahaha
psssssssss....
Hai algo máis fermoso que unha república?
Alén, sempre se visten alegóricamente de mulleres escasamente vestidas...
:p
A polisemia de Nuca fíxome escachar co riso, Laurindinha e Musgallo ;-DDDD
Apóstovos o que sexa a que non erades tan locuaces (todos/as) sen o nick ;-)))
A Maga non se pode resistir ninguén que lese a Cortázar!
Laurindinha non se puido resistir ó de Maga, sobre todo porque estaba lendo Rayuela cando llo dixeron por primeira vez... (la Maga...).
Os nosos pais xa son maiorciños, non creo que soubesen o da osa Nuca...
Creo que me quedo co de República! Fra Vernero non deixa de sorprendernos!
Eu a ela chámolle "amoriño", e ela a min "amor". Queda claro quen ten máis quilos no corpo...
Miña nai! É que o de "cari" é para romper calquera relación, do tipo que sexa, con quen te chame así. Non sei por que pero cando escoito "cari" vénme á cabeza a condesa de fenosa (rediós, que subidón!).
Eu escoitei, e utilicei tamén algunha vez: "repoliño", "meu xirelo", "ghatiña", "raposa", etc., e algunha vez: "cuchina", "pendanga" ou "loba!" ;-) (hai quen utiliza tm "cheirenta"... no comment).
Claro que tamén están os típicos e míticos: "miña xoia", "miña preíña", "hembra-da-casa", "ghuaaaapa", "collona", "miña-flor", e outras xa citadas.
Tamén escoitei a parellas chamárense "carameeeeliiito", (e non foi na escena do puticlú de airbag). Pero supoño que a quen llo escoito está acostumado a cantar "alabaré, alabaré..." "Si en verdad dios te ama di amén..." e ese tipo de cousas.
E logo, á xente que agora ten 50 anos ou máis sempre a escoitei chamárense polo nome (a non ser os que tivesen piso en Santiagho ;-)).
Moi boas as túas, Candorca, como non se pode esperar menos dun filólogho ;-) O do piso en Santiagho é coma os das hipotecas que dicía miña nai.
Eu tamén estou a botar bandullo, Nenodanorita. Isto é unha disghraçia!
Graciñas, entre todos/as fixemos aquí unha recolla de léxico impresionante!
A Banshee é unha fada ou espírito ancestral que se lle asparece a certas familias irlandesas no momento da morte: os O'Neills, os O'Briens, os O'Connors, os O'Gradys e os Kavanaghs. Pode ser unha moza, unha muller madura ou unha vella, representando ás tres deusas celtas da guerra e a morte: Badhbh, Macha e Mor-Rioghain. Adoita vestir de gris, e aparecer lavando roupa ensanguentada no río. Non se ve nin se escoita até o momento da propia morte. ë un son agudo, coma o dunha coruxa. Tamén pode aparecer con forma de corvo ou coruxa.
Eu tiven un amante que estudaba o mito da Banshee... Pero nunca me chamou así (afortunadamente).
Postar um comentário