27.4.06

Un idiolecto de meu


Un/ha... do collón
Caghar patatillas

Festa no aire!

15 comentários:

Anônimo disse...

e falando de todo um pouco, eue, temos cá o volume v: léxico: o ser humano (i) ghasús dior mio!!

eue disse...

Diooooossss! Non lle me foi sen tempo...
;-)

eue disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Laurindinha disse...

Unhas frases moi expresivas...!
Onte descubrín unha nova expresión: ser quente das v'rillas... Pareceume moi curiosa!

Laurindinha disse...

E: "ser moi grileiro"... XDD Onte foi unha tarde, lingüisticamente falando, moi curiosa...

eue disse...

O que eliminou o anterior suprimido fun eu, e eliminei un meu, que me dei de conta de que falaba de máis.
Por certo:
Plattdorf! m)alicia!
Compartan co mundo o(s) seu(s) rico(s) (duo)/(idio)lectos!!!

SurOeste disse...

Vai toma-los ventos á Marola!
Cousa laida de criatura!
Ser un (ou unha) mexamorna.

eue disse...

Tou de acordo coa Musgallo:
"do collón" é un intensificador= "da hostia".
"cagar patatillas"= "ir a toda a présa".
"Festa no aire"= Úsase cando alguén no se preocupa de nada. Eu esténdoo a ese momento festeiro en que o único que che importa e entregarte á xolda en corpo e alma.

Plattdorf disse...

"Vai tomar os ventos á Marola non é meu, pero tócame de perto.

O que pasa é que Suroeste é da outra banda, pero compartimos illas, claro.

Familolecto, a todo isto: "a outra banda" é unha imprecisa rexión xeográfica que abrangue as terras costeiras das Mariñas que se estenden ao leste da ría de Betanzos. A Ponte do Pedrido, esa fronteira.

Plattdorf disse...

Máis familolecto:

-Cociñar no "Carnoedo"
-Comer un pouco "sen nada"
-Ghirar todo ao revés, coma o puto limoeiro.
-Pois anque sea, cuá!

E moitos outros éxitos dificilmente explicábeis.

Plattdorf disse...

A presentación do duolecto que comparto con m)alicia déixolla a ela.

Abuela!!

SurOeste disse...

Fraseoloxía básica:
"Ir tomar os ventos á Marola"= ir mamar a Cabría= irlle dá-la lata a un ghuardia.

"Cousa laida de criatura!": expresión de asombro diante da pouca gracia e simpatía que ten alghuén ( eu, por exemplo pénsoo cada vez que vexo a Victoria Adams poñéndose de estupenda)

Eue, a miña avoa dicía "de moito collón", que aínda é máis que "de collón".

"Ser un mexamorna" aplícase a aqueles que nunca toman partido por nada e carecen de iniciativa.

eue disse...

Quinindiola!
Plattdorf, xa cumpriches, pero a base de ben. Agora tócalle á m)alicia, que seica marchou "por aí adiante" (que no familiolecto meu é alén do Padornelo).
Como me mola facervos enquisas lingüísticas!
Sodes, todos/as, os meus informantes favoritos

xorna disse...

para min "cagar patatas" ou "cagar patatillas" significa pasar un mal trago. ;)
pero a gran frase da historia foi aquela que fixo que tódolos meus amigos admiren á miña avoa: "mira que isto é saghrado!", botando a man "ahí abaixo"...

leco disse...

Estar todo ghrilo: espabilado
Serrallar: facer que fas
pobres como as arañitas
Ser medio morsegho (usado por toda a miña familia): moi cohibido. Descubrín hai relativamente poucos anos que a cousa viña de morcego.