O que eliminou o anterior suprimido fun eu, e eliminei un meu, que me dei de conta de que falaba de máis. Por certo: Plattdorf! m)alicia! Compartan co mundo o(s) seu(s) rico(s) (duo)/(idio)lectos!!!
Tou de acordo coa Musgallo: "do collón" é un intensificador= "da hostia". "cagar patatillas"= "ir a toda a présa". "Festa no aire"= Úsase cando alguén no se preocupa de nada. Eu esténdoo a ese momento festeiro en que o único que che importa e entregarte á xolda en corpo e alma.
"Vai tomar os ventos á Marola non é meu, pero tócame de perto.
O que pasa é que Suroeste é da outra banda, pero compartimos illas, claro.
Familolecto, a todo isto: "a outra banda" é unha imprecisa rexión xeográfica que abrangue as terras costeiras das Mariñas que se estenden ao leste da ría de Betanzos. A Ponte do Pedrido, esa fronteira.
Fraseoloxía básica: "Ir tomar os ventos á Marola"= ir mamar a Cabría= irlle dá-la lata a un ghuardia.
"Cousa laida de criatura!": expresión de asombro diante da pouca gracia e simpatía que ten alghuén ( eu, por exemplo pénsoo cada vez que vexo a Victoria Adams poñéndose de estupenda)
Eue, a miña avoa dicía "de moito collón", que aínda é máis que "de collón".
"Ser un mexamorna" aplícase a aqueles que nunca toman partido por nada e carecen de iniciativa.
Quinindiola! Plattdorf, xa cumpriches, pero a base de ben. Agora tócalle á m)alicia, que seica marchou "por aí adiante" (que no familiolecto meu é alén do Padornelo). Como me mola facervos enquisas lingüísticas! Sodes, todos/as, os meus informantes favoritos
para min "cagar patatas" ou "cagar patatillas" significa pasar un mal trago. ;) pero a gran frase da historia foi aquela que fixo que tódolos meus amigos admiren á miña avoa: "mira que isto é saghrado!", botando a man "ahí abaixo"...
Estar todo ghrilo: espabilado Serrallar: facer que fas pobres como as arañitas Ser medio morsegho (usado por toda a miña familia): moi cohibido. Descubrín hai relativamente poucos anos que a cousa viña de morcego.
15 comentários:
e falando de todo um pouco, eue, temos cá o volume v: léxico: o ser humano (i) ghasús dior mio!!
Diooooossss! Non lle me foi sen tempo...
;-)
Unhas frases moi expresivas...!
Onte descubrín unha nova expresión: ser quente das v'rillas... Pareceume moi curiosa!
E: "ser moi grileiro"... XDD Onte foi unha tarde, lingüisticamente falando, moi curiosa...
O que eliminou o anterior suprimido fun eu, e eliminei un meu, que me dei de conta de que falaba de máis.
Por certo:
Plattdorf! m)alicia!
Compartan co mundo o(s) seu(s) rico(s) (duo)/(idio)lectos!!!
Vai toma-los ventos á Marola!
Cousa laida de criatura!
Ser un (ou unha) mexamorna.
Tou de acordo coa Musgallo:
"do collón" é un intensificador= "da hostia".
"cagar patatillas"= "ir a toda a présa".
"Festa no aire"= Úsase cando alguén no se preocupa de nada. Eu esténdoo a ese momento festeiro en que o único que che importa e entregarte á xolda en corpo e alma.
"Vai tomar os ventos á Marola non é meu, pero tócame de perto.
O que pasa é que Suroeste é da outra banda, pero compartimos illas, claro.
Familolecto, a todo isto: "a outra banda" é unha imprecisa rexión xeográfica que abrangue as terras costeiras das Mariñas que se estenden ao leste da ría de Betanzos. A Ponte do Pedrido, esa fronteira.
Máis familolecto:
-Cociñar no "Carnoedo"
-Comer un pouco "sen nada"
-Ghirar todo ao revés, coma o puto limoeiro.
-Pois anque sea, cuá!
E moitos outros éxitos dificilmente explicábeis.
A presentación do duolecto que comparto con m)alicia déixolla a ela.
Abuela!!
Fraseoloxía básica:
"Ir tomar os ventos á Marola"= ir mamar a Cabría= irlle dá-la lata a un ghuardia.
"Cousa laida de criatura!": expresión de asombro diante da pouca gracia e simpatía que ten alghuén ( eu, por exemplo pénsoo cada vez que vexo a Victoria Adams poñéndose de estupenda)
Eue, a miña avoa dicía "de moito collón", que aínda é máis que "de collón".
"Ser un mexamorna" aplícase a aqueles que nunca toman partido por nada e carecen de iniciativa.
Quinindiola!
Plattdorf, xa cumpriches, pero a base de ben. Agora tócalle á m)alicia, que seica marchou "por aí adiante" (que no familiolecto meu é alén do Padornelo).
Como me mola facervos enquisas lingüísticas!
Sodes, todos/as, os meus informantes favoritos
para min "cagar patatas" ou "cagar patatillas" significa pasar un mal trago. ;)
pero a gran frase da historia foi aquela que fixo que tódolos meus amigos admiren á miña avoa: "mira que isto é saghrado!", botando a man "ahí abaixo"...
Estar todo ghrilo: espabilado
Serrallar: facer que fas
pobres como as arañitas
Ser medio morsegho (usado por toda a miña familia): moi cohibido. Descubrín hai relativamente poucos anos que a cousa viña de morcego.
Postar um comentário