2.1.06

David Bowie e mais eu


Por unha pedrada son, coma el,
metade traidor, metade
firme e verdadeiro
.

9 comentários:

FraVernero disse...

aAAAAAAAAAAAAAAaaaaaaa...
Delicioso, Bowie. Admiradísimo, con razón...
E unha pedrada aos snobs que poidan aínda considerar que non hai música despois de Stockhausen, ou que a cultura pop só xera refugallo e alienación... Algo no que ás veces caen persoas moi intelixentes, como o Patricio da Escola de Frankfurt...
Battiato tamén ten a súa gracia.
Botamos de menos a Ziggy Stardust e as Arañas de Marte. Escoitaremos as cancións para consolarnos.

P.S.: unha pregunta indiscreta, señor haicu; ¿o nome ten algo que ver con Outeiriño? Lembro un par de poemas do 'Depósito de espantos' que intitulábanse 'Hai kai -variacións do que hai' e 'Hai Cu -variacións do que ten cú, para todo'.
Quizaves só unha rara coincidencia, ou non.
Un saúdo.

eue disse...

Bowie faino ben todo: escribe, toca, remestura, produce, vístese, inviste. É o auténtico home do Renacemento da música rock.

Iso deulle unha independencia admirable para calquera artista.

Mesmo funda bancos-e!

Non é dos meus sancta sanctorum (á dereita da pantalla), pero el e o God Save the Queen dos Pistols é o único que me inxecta alegría nada máis escoitalos.

R.P.D.: Coñezo persoalmente a Outeiriño e mesmo o admiro, pero xúroche que o do nome saíu do meu caletre. Eu relaciónoo co refrán (o que ten cu ten medo), pero os dous lle buscamos, creo, a volta retranqueira, que é unha das cousas que máis admiro da súa poesía.

Anônimo disse...

pois non sei como fas para contentarte, por exemplo, con esa que lle versionou Kurt Cobain e que non lle sei o título porque está nun inglés cerradísimo.
oes, aínda me lembro do beillador punki e pégame a risa.

xorna disse...

outeriño é moi grande! agora que o penso foi unha pena non irlle máis a clase cando era o meu profesor en primeiro. pero é que a ver quen lle ía un venres a primeira!

FraVernero disse...

Hehehehehe...
pois eu non era estudante desa carreira, pero teño ido a algunha das súas aulas tras noites de marcha sen durmir ren...
Mais voltando a Bowie, ¿lembrades unha película rarísima que fixera, chamada -creo- Labirinto? Sae el como Rei dos Elfos ou algo así, vestido máis que glam, punkarreiro. Estrañísimo e moi oitenteiro conto de fadas...
Pena que non viñera ao Monte do Gozo fai uns anos. Lou Reed é grande, pero o seu concerto foi algo decepcionante...

Anônimo disse...

The man who sold the world, m)alicia. Quero ver ese beilador diante...

eue disse...

Ben. Algún día sacarei á luz o beillador punki, (m)alicia e Luíña. ;-) A vós xa volo contei.

Lou Reed, Fran Vernero, foi unha puta merda no Gozo, e mira que xunto con Iggy é o meu sancta sanctorum, como testemuñan as ligazóns deste blog. Pero non se pode facer un concerto de pub diante de tantos milleiros de persoas. E amais sen ghana. Caca. Iggy, pola contra, estivo máis ca á altura, mesmo resucitando os Stooges e parecéndose un algo a Xil Ríos, como desvelou Todonada daquela.

Bowie dixo que non tiña nin idea de que o Kurt Cobain fora afecto seu (o Unplugged é póstumo), e que se non había tentar facer algo por el. É un concepto caseiro da fama que sempre me seduciu en Bowie. A fama é o seu territorio, a súa casa. Coido que é o tipo que mellor soubo xestionala nunca. Xusto moi ao contrario do que aconteceu con Kurt, que en contra de muitos eu sigo admirando.

Que punki chego a ser, carallo!

Anônimo disse...

o meu pai, bowie e você (ghasús, isto si que é o surtido cuétara), que três tipos tam guapos e desacougantes aquando se miram aos olhos ;-)

eue disse...

Ai, ho! A nómina medra! Grazas polo desacougante cumprimento.