Eu tamén tentei xuntar pokemons, érame máis produtivo... Os tamagochis non se me daban mal, pero sempre me morrían... Xa sabes o que din dos coleccionistas non... "Los coleccionistas son algo así como fetichistas elevados a su máximo grado de perfección" (R. Montero).
Para min, sen dúbida, Xesús Alonso Montero. Eu saía das súas clases con ganas de cambiar o mundo, cousa que non me pasaba con ningún outro profesor. Por se fose pouco, de cando en vez botábanos algunha cántiga dos tempos da guerra.
Propoño organizar un "Congreso de lingüística incompetencial".
Loxicamente, tanto a conferencia inaugural como a de peche correrían a cargo de Marisol López (un dos relatorios podería ser "Da incompetencia docente á incompetencia política"). No congreso terían cabida relatorios, por exemplo, de Manolo González, Eduardo Moscoso, Mercedes Brea, Blanca Ana Roig, Anxo Tarrío, Xavier Varela, Lydia Fontoira, etc., etc., etc.
Poderían tratarse temas tan interesantes como: "A improdutividade social investigadora", "Incompetencia e multiplicidade de cargos", "A incompetencia do Ramón Piñeiro para a normalización da lingua galega", "Que é o Termigal?", "Estratexias para non facer nada e seguir aquí", etc., etc.
O comentario anterior é dos máis lúcidos e orixinais que teño visto neste blog...
Pero perde un pouco de orixinalidade e criterio ao ser anónimo, moito medo e pouca vergonza, que che pode pasar, que temes, que te boten de bolseiro/a do ILGA ou do Ramón Piñeiro, ánimo e a próxima asina, eue faríao, ademais non te preocupes que si se lle cae o pelo a alguén será ao eue... non?
Ah, indo ao tema, eue a persoa máis intelixente e da que máis aprendín nos 5-6 anos de carreira na facultade de filoloxía, foi unha señora da limpeza que sempre que iba ao baño a mexar ou a escribir tras das portas taba alí, sempre botaba unha parrafada con ela, unha vez incluso chegou a me dar unha lección sobre estruturalismo...
A dirección deste blog lémbralles aos/ás eventuais lectores/as que as opinións verquidas polos/as comentaristas son da súa exclusiva responsabilidade... ;-)
UFF, creo que aínda cheghei a tempo, non?
Para min Deus é Xosé Antonio Pena, autor do Dicionario Cumio de Expresións e frases feitas. O libro ten tamén un prólogo de Xesús Ferro Ruibal que é o meu guieiro como filólogo dende que o lin.
Por certo, non son un científico da filoloxía. Son un fontaneiro da lingua. Chego á teoría sempre dende a práctica
Era o que imaxinaba: ¡todos filólologhos! Isto temos que celebralo, ¿facemos unha ofrenda floral? ¿un banquete de Conxo? Sería moi bonito, de verdade, cada un levaría á súa señora da limpeza favorita e habería discursos e cantigas.
A ver quen fai de Murguía Suroeste, pero mellor que busquemos outro sitio pq a carballeira de Conxo... ula? Mira que Icona fixo o seu traballo (e ben). Eu toume quitando de ser filólogho en filóloghos-anóminos, e danme unhas monadas cando entro por aquí... ;-) Nós non temos metadona, pero dannos unha dose de lectura de S. de Toro intercalando con doses de (Ferrín, Xohán Cabana, O'Rivas..., nin tocalos e... se acaso unhas doses de Outeiriño aos domingos). hai... sur, suroeste... con forza tres a catro... [Se a proposta ía en serio, a carballeira de chaián é caralluda: si, que pasa!, teño gana de churrasco.]
Se quedamos é para facer a revolución filolóxica, non só para darlle ó churrasco. ¿Sodes conscientes do importantes que somos os fil´logos na construción nacional? Estaba agora lendo a Pascale Casanova: "Entre 1820 e 1920, ocorre na Europa o que Benedict Andersen chama a "revoluçao filológico-lexicográfica", ao mesmo tempo em que surgem movimentos nacionalistas". Mirade para o noso pequeno país ¿quen manda? Eu empezo a sospeitar que Manolo González. Penso que habería que dar un golpe de timón. O acorazado Potemkien redivivo.
Sospeitas ben Suroeste, pero hai moitos máis que "manejan-la-bola" e noutros sectores onde o mamoneo está xa riba da mesa e sen escrúpulos corruptos(mesmo nas mesas do Dezaseis); e se a reconstrución nacional depende dos filólogos... ufff, mal asunto para calquera patria (mira que hai moito/a ghabalí). Son un tanto escéptico sobre o peso dos filólogos na construción dunha nación (mira que contribuímos moito a desnacionalizar Galiza, ou a deixar que Fraga a rexionalizase -que é o mesmo). Eu apúnto á carballeira e, aparte de tentarmos amañar o país!, se iso nos fai dormir mellor..., apelo a quen veña a facer a revolución filochingada, filochurrásica, filolicorca... para mudar o país quédannos os outros días da semana hou? A min o que máis me ghusta do churrasco é a ensalada ;-) Miñanaiquerida, que bo!, o golpe de temón do *Acoirazado Pokemon* (en loor do eue)
Diooosss! Encántame. "O Acoirazado Pokemon" é un dos conceptos máis acojonantes que mirou (si son das Rías Baixas) este blog.
Apúntome ao banquete de Chaián, pero xa. Grande idea churrascarraschás.
O noso Rexurdimento ten tamén o seu correlato a primeiros do XVI-finais do XV, cando se constituíron as nacionalidades/linguas nacionais que agora teñen o mango da tixola na man, plenamente conscientes de que "siempre la lengua fue compañera del Imperio", como dicía Nebrija.
O pouco papel que os filóloghos tivemos na contrución nacional ou rexional galega xa se está a encargar o tripartito vía Marisol de reducilo á mínima expresión. E entre os votantes hai muitos/as pero muitos/as filóloghos/as... E non digho máis.
Admítense xornalistas que realmente somos filologh@s frustrad@s e nos metemos a facer doutoramentos con Monteaghudo? Para churrascos sempre hai ghanas...
Menudo niño... somos unha praga expansiva... e parece que nos xuntamos todos nos mesmos sitios virtuais... xD
Anque iso sí, eu trazo as miñas diferencias, que para algo hai clases. Os de inglesa non nos mesturamos con esa xente alternativa e galegofalante de carreiras estranas... xD Valería para describilo a sintonía de 'Dragóns e Mazmorras'..., incluíndo aos profesores. Aliás, eu colecciono humanidades, máis ben. Igual de inútil, pero leva máis anos...
iuuuuuuuuuupi, xa se vai armando..., o espazo da blogotallada e do blogolicork, a ver quen se atreve a pór un día? No antruido, cunha festa de disfraces? Propostas, propostas...
Os licorks e os costelares (que somos moitos) están ben, pero eu penso en que habería que insistir nun punto: quen veña ten que botar un discurso incendiario e propoñer solucións filolóxicas para amañar o cotarro.E quedará na historia como "O churrasco de Chaiáns" ¿Que tal?
Eu levo unhas empanadas. Á Galería Sargadelos non, Musgallo, que non creo que lle faga gracia a D. Santiago,a Chaián. ¿Os licorks a cargo de quen quedan?
Fra Vernero, xa vou acoutando o cerco ao redor da túa identidade. Inglesa, eh? Moi ben... Por min cando queirades, subscribo o de que remate o frío. Un sábado, para enganchar sesión vermú-comida-sobremesa-merenda-foliada-cea-noite-amencernoMaycar/Nao/Furacán/Titasenospoñemostráxicos pode estar guai...
sesión vermú - comida - sobremesa - merenda - foliada - cea - noite - amencernoMaycar /Nao /Furacán /Titasenospoñemostráxicos Iso quería dicir. Son tan pouco filóloga que nin espazos uso...
Ams... xD Fíxome gracia o de suroeste, iso de que podemos rematar sendo todos parentes. ¿Refírese á posibilidade de que todo remate nunha tremenda orxia de mans, brazos e corpos suorosos? xD Non sabía que me seguías a pista, Lua Neghra. Non é moi difícil atoparme (tampouco é que me disfrace moito, anque estexamos en carnavais). Buff, o maykar... qué de noites etílico-depresivas no ventre desa Balea...
A ver. Xa que como di Musgallo pódenos saír cara a broma de plantar lume para as costeletas en Chaián, o choio era levarmos comida feita da casa cadaquén e ao chegar alí mesturala: tortillas, empanadas, empanadillas, todo tipo de viandas churrascarraschás. Non é churrascada pero é picnic-romaría en plan irmandamento galaico-portugués, que o de asar costeletas vén de sudamérica, Arxentina concretamente. O Entruido era o tal para preservar os anonimatos, pero entre o frío e o mal que se levan as carautas co prebe do churrasco, non sei eu... Mellor non dicimos o nick se non queremos e vía, anonimato preservado.
En chaián a música será obviamente: Los Calís Eu interpretarei: *la heroína*, *una paloma blanca*, *Como caballo que galopa cuando se desboca*
Aí vai un adianto: "Machutes no, [corus: no te compliques la vida] ni cucharas impregnadas deroína, no mas jóvenes llorando noxe y día [corus: noxe y día, noxe y día] solamente oír su nombre causa ruina [ruina, ruinaaaaaao!]
Pois vale, a ver que tal cociñamos. No da música non sei como alguén puido pensar en algo que non sexa unha gaita (ou dúas) das de toda a vida para facermos unha festa boa. Fravernero creo que temos algo en común, pero non vou dicir que. Musgallo, non teño ningún tipo de datos, dáme a impresión de que es unha rapaza cachonda no bon sentido da palabra e punto. Espero corroboralo. Eu non vivo en Santiago, vivo loooonxe, pero teño carro.non son ninguén famoso nin son nada do outro mundo. Pero aquí estamos, encantada de coñecervos.
A veeer. É que o lideramento non che me ghusta nada, Suroeste.
1. Que cadaquén diga se vai ir e o que leva: eu, un par de tortillas, licorK e ghitarra. Ah! E a dialectoloxía de Paco... NON, HO, QUE ERA BROMA!
2. Mirando no colandario, propoño -e reservo- o 11 de marzal, sábado, para dar marxe e soñar que estea bo día en Chaián. Así, secundo o plan da Lúa Neghra de Comida(Xantar)-Maycar.
3. Xa me quito de organizador e agora falades vós.
En que quedamos? Esa finde? Este día 2, facéndolle a competencia a CIG e CAF que conmemoran o Banquete de Conxo? Decídanseme. Eu, tortillas e licorca, e se me lembro de tensala, pandeireta.
31 comentários:
Eu tamén tentei xuntar pokemons, érame máis produtivo... Os tamagochis non se me daban mal, pero sempre me morrían...
Xa sabes o que din dos coleccionistas non...
"Los coleccionistas son algo así como fetichistas elevados a su máximo grado de perfección" (R. Montero).
Atención, filólogos: quen é o voso monstro/a da filoloxía preferido/a?
Para min, sen dúbida, Xesús Alonso Montero. Eu saía das súas clases con ganas de cambiar o mundo, cousa que non me pasaba con ningún outro profesor. Por se fose pouco, de cando en vez botábanos algunha cántiga dos tempos da guerra.
Propoño organizar un "Congreso de lingüística incompetencial".
Loxicamente, tanto a conferencia inaugural como a de peche correrían a cargo de Marisol López (un dos relatorios podería ser "Da incompetencia docente á incompetencia política").
No congreso terían cabida relatorios, por exemplo, de Manolo González, Eduardo Moscoso, Mercedes Brea, Blanca Ana Roig, Anxo Tarrío, Xavier Varela, Lydia Fontoira, etc., etc., etc.
Poderían tratarse temas tan interesantes como: "A improdutividade social investigadora", "Incompetencia e multiplicidade de cargos", "A incompetencia do Ramón Piñeiro para a normalización da lingua galega", "Que é o Termigal?", "Estratexias para non facer nada e seguir aquí", etc., etc.
(Por prudencia non asino este comentario)
O comentario anterior é dos máis lúcidos e orixinais que teño visto neste blog...
Pero perde un pouco de orixinalidade e criterio ao ser anónimo, moito medo e pouca vergonza, que che pode pasar, que temes, que te boten de bolseiro/a do ILGA ou do Ramón Piñeiro, ánimo e a próxima asina, eue faríao, ademais non te preocupes que si se lle cae o pelo a alguén será ao eue... non?
Ah, indo ao tema, eue a persoa máis intelixente e da que máis aprendín nos 5-6 anos de carreira na facultade de filoloxía, foi unha señora da limpeza que sempre que iba ao baño a mexar ou a escribir tras das portas taba alí, sempre botaba unha parrafada con ela, unha vez incluso chegou a me dar unha lección sobre estruturalismo...
A dirección deste blog lémbralles aos/ás eventuais lectores/as que as opinións verquidas polos/as comentaristas son da súa exclusiva responsabilidade... ;-)
UFF, creo que aínda cheghei a tempo, non?
Para min Deus é Xosé Antonio Pena, autor do Dicionario Cumio de Expresións e frases feitas. O libro ten tamén un prólogo de Xesús Ferro Ruibal que é o meu guieiro como filólogo dende que o lin.
Por certo, non son un científico da filoloxía. Son un fontaneiro da lingua. Chego á teoría sempre dende a práctica
Musgallo, non era que vostede non era filólogha? Ui, ui, ui, que forma de xoghar ao despiste...
Era o que imaxinaba:
¡todos filólologhos!
Isto temos que celebralo, ¿facemos unha ofrenda floral? ¿un banquete de Conxo? Sería moi bonito, de verdade, cada un levaría á súa señora da limpeza favorita e habería discursos e cantigas.
A ver quen fai de Murguía Suroeste, pero mellor que busquemos outro sitio pq a carballeira de Conxo... ula? Mira que Icona fixo o seu traballo (e ben). Eu toume quitando de ser filólogho en filóloghos-anóminos, e danme unhas monadas cando entro por aquí... ;-) Nós non temos metadona, pero dannos unha dose de lectura de S. de Toro intercalando con doses de (Ferrín, Xohán Cabana, O'Rivas..., nin tocalos e... se acaso unhas doses de Outeiriño aos domingos).
hai... sur, suroeste... con forza tres a catro... [Se a proposta ía en serio, a carballeira de chaián é caralluda: si, que pasa!, teño gana de churrasco.]
Se quedamos é para facer a revolución filolóxica, non só para darlle ó churrasco. ¿Sodes conscientes do importantes que somos os fil´logos na construción nacional? Estaba agora lendo a Pascale Casanova: "Entre 1820 e 1920, ocorre na Europa o que Benedict Andersen chama a "revoluçao filológico-lexicográfica", ao mesmo tempo em que surgem movimentos nacionalistas".
Mirade para o noso pequeno país ¿quen manda? Eu empezo a sospeitar que Manolo González. Penso que habería que dar un golpe de timón. O acorazado Potemkien redivivo.
Sospeitas ben Suroeste, pero hai moitos máis que "manejan-la-bola" e noutros sectores onde o mamoneo está xa riba da mesa e sen escrúpulos corruptos(mesmo nas mesas do Dezaseis); e se a reconstrución nacional depende dos filólogos... ufff, mal asunto para calquera patria (mira que hai moito/a ghabalí).
Son un tanto escéptico sobre o peso dos filólogos na construción dunha nación (mira que contribuímos moito a desnacionalizar Galiza, ou a deixar que Fraga a rexionalizase -que é o mesmo).
Eu apúnto á carballeira e, aparte de tentarmos amañar o país!, se iso nos fai dormir mellor..., apelo a quen veña a facer a revolución filochingada, filochurrásica, filolicorca... para mudar o país quédannos os outros días da semana hou?
A min o que máis me ghusta do churrasco é a ensalada ;-)
Miñanaiquerida, que bo!, o golpe de temón do *Acoirazado Pokemon* (en loor do eue)
Diooosss! Encántame. "O Acoirazado Pokemon" é un dos conceptos máis acojonantes que mirou (si son das Rías Baixas) este blog.
Apúntome ao banquete de Chaián, pero xa. Grande idea churrascarraschás.
O noso Rexurdimento ten tamén o seu correlato a primeiros do XVI-finais do XV, cando se constituíron as nacionalidades/linguas nacionais que agora teñen o mango da tixola na man, plenamente conscientes de que "siempre la lengua fue compañera del Imperio", como dicía Nebrija.
O pouco papel que os filóloghos tivemos na contrución nacional ou rexional galega xa se está a encargar o tripartito vía Marisol de reducilo á mínima expresión. E entre os votantes hai muitos/as pero muitos/as filóloghos/as... E non digho máis.
Canto filólogo xunto!! Vai ser mellor marchar... XD
Admítense xornalistas que realmente somos filologh@s frustrad@s e nos metemos a facer doutoramentos con Monteaghudo? Para churrascos sempre hai ghanas...
Quedada filolóxico-blogueira?
Apúntome!
Menudo niño...
somos unha praga expansiva... e parece que nos xuntamos todos nos mesmos sitios virtuais...
xD
Anque iso sí, eu trazo as miñas diferencias, que para algo hai clases. Os de inglesa non nos mesturamos con esa xente alternativa e galegofalante de carreiras estranas... xD
Valería para describilo a sintonía de 'Dragóns e Mazmorras'..., incluíndo aos profesores.
Aliás, eu colecciono humanidades, máis ben. Igual de inútil, pero leva máis anos...
iuuuuuuuuuupi, xa se vai armando..., o espazo da blogotallada e do blogolicork, a ver quen se atreve a pór un día? No antruido, cunha festa de disfraces? Propostas, propostas...
Isto váiseme das mans! E por iso mesmo non vou ser eu o que adíe o tema, nos dous sensos.
Que alguén lle poña a data, aínda que mellor pa dispois da vaga de frío, non?
Os/as filólogos/as saímos do dicio-armario!
P.D.: E si, Lúa, o/a filólogo/a é, non se fai. ;-)
Os licorks e os costelares (que somos moitos) están ben, pero eu penso en que habería que insistir nun punto: quen veña ten que botar un discurso incendiario e propoñer solucións filolóxicas para amañar o cotarro.E quedará na historia como "O churrasco de Chaiáns" ¿Que tal?
o único que me preocupa é que vou perder o anonimato. É unha putada. Poderiamos facer unha organización secreta e ir con careta de antroidos.
Eu levo unhas empanadas. Á Galería Sargadelos non, Musgallo, que non creo que lle faga gracia a D. Santiago,a Chaián.
¿Os licorks a cargo de quen quedan?
Musgallo: o bonito da filoloxía (e da filoloxía galega en particular) é que podemos acabar sendo todos parentes.
Fra Vernero, xa vou acoutando o cerco ao redor da túa identidade. Inglesa, eh? Moi ben... Por min cando queirades, subscribo o de que remate o frío. Un sábado, para enganchar sesión vermú-comida-sobremesa-merenda-foliada-cea-noite-amencernoMaycar/Nao/Furacán/Titasenospoñemostráxicos pode estar guai...
sesión vermú - comida - sobremesa - merenda - foliada - cea - noite - amencernoMaycar /Nao /Furacán /Titasenospoñemostráxicos
Iso quería dicir. Son tan pouco filóloga que nin espazos uso...
Ams... xD
Fíxome gracia o de suroeste, iso de que podemos rematar sendo todos parentes. ¿Refírese á posibilidade de que todo remate nunha tremenda orxia de mans, brazos e corpos suorosos?
xD
Non sabía que me seguías a pista, Lua Neghra. Non é moi difícil atoparme (tampouco é que me disfrace moito, anque estexamos en carnavais).
Buff, o maykar... qué de noites etílico-depresivas no ventre desa Balea...
A ver. Xa que como di Musgallo pódenos saír cara a broma de plantar lume para as costeletas en Chaián, o choio era levarmos comida feita da casa cadaquén e ao chegar alí mesturala: tortillas, empanadas, empanadillas, todo tipo de viandas churrascarraschás.
Non é churrascada pero é picnic-romaría en plan irmandamento galaico-portugués, que o de asar costeletas vén de sudamérica, Arxentina concretamente.
O Entruido era o tal para preservar os anonimatos, pero entre o frío e o mal que se levan as carautas co prebe do churrasco, non sei eu... Mellor non dicimos o nick se non queremos e vía, anonimato preservado.
En chaián a música será obviamente: Los Calís
Eu interpretarei: *la heroína*, *una paloma blanca*, *Como caballo que galopa cuando se desboca*
Aí vai un adianto: "Machutes no, [corus: no te compliques la vida] ni cucharas impregnadas deroína, no mas jóvenes llorando noxe y día [corus: noxe y día, noxe y día] solamente oír su nombre causa ruina [ruina, ruinaaaaaao!]
[búscase voz grave para corus de fondo]
Ofrézome, Candorca! E dou palmas
Pois vale, a ver que tal cociñamos. No da música non sei como alguén puido pensar en algo que non sexa unha gaita (ou dúas) das de toda a vida para facermos unha festa boa.
Fravernero creo que temos algo en común, pero non vou dicir que.
Musgallo, non teño ningún tipo de datos, dáme a impresión de que es unha rapaza cachonda no bon sentido da palabra e punto. Espero corroboralo.
Eu non vivo en Santiago, vivo loooonxe, pero teño carro.non son ninguén famoso nin son nada do outro mundo. Pero aquí estamos, encantada de coñecervos.
Daquela eu levo as empanadas ¿ou?
Eue, organiza un pouco, ho.
A veeer. É que o lideramento non che me ghusta nada, Suroeste.
1. Que cadaquén diga se vai ir e o que leva: eu, un par de tortillas, licorK e ghitarra. Ah! E a dialectoloxía de Paco... NON, HO, QUE ERA BROMA!
2. Mirando no colandario, propoño -e reservo- o 11 de marzal, sábado, para dar marxe e soñar que estea bo día en Chaián. Así, secundo o plan da Lúa Neghra de Comida(Xantar)-Maycar.
3. Xa me quito de organizador e agora falades vós.
En que quedamos? Esa finde? Este día 2, facéndolle a competencia a CIG e CAF que conmemoran o Banquete de Conxo? Decídanseme. Eu, tortillas e licorca, e se me lembro de tensala, pandeireta.
Postar um comentário