15.2.06

A vosa meirande trastada?



Eu planteille lume ao palleiro da miñabuela
con catro anos namais só pra ver se

a palla ardía tan fácil como dicían...

21 comentários:

acedre disse...

Eu empurrei a minha irma contra un parachoques daqueles vellos de ferro e mandarona ao hospital cun racho na fronte que ainda hoxe se nota. Cando voltaron todos do hospital eu estaba debaixo da cama esperando que meu pai me zoscase co cinto pero non me fixo nada.

SurOeste disse...

Eu voume solidarizar con acedre: zosquille cun chaveiro ó meu irmá na cabeza e foise chorando e deixando un rastro de sangue a buscar á nosa avoa, que estaba apañando herba. Lembro que pensei: mateino ó meu irmá. O mundo caeume enriba e fun seguindo o seu rastro para entregarme.

candorca disse...

Desde ló, sodes máis de monte ca un land rover! (vós saberedes d'O Rambo, por onde anda?). Eu podo falar de animaladas varias pero aí van unhas poucas:

1. Prenderlle lume ao monte por ir fumar ás agachadas.
2. Quitar un cancelo de ferro fundido nunha noite de San Xoán (destes que valen miles de dólares), que non apareceu ata 7 anos despois (no canto, o dono puxo de cancelo o xa mítico sumier -si, 7 anos de sumier)
3. Escachar arredor de 100 ventás dun bloque de pisos en construción.
4. Enviarlle unha carta de detención (simulando ser a policía) a un colega -á súa nai case lle dá un infarto.
5. Cando tiña 6 ou 7 anos dous colegas meus mais eu poñiámonos nunha curva moi fechada e ensinabámoslles o cú aos coches: só un tivo un accidente (só danos materiais): quei corremos monte arriba ese día...

opándigo disse...

O meu haicú preferido ata o momento, apaixoante. Meditarei durante uns días para escoller a maior pandigada que fixen ata o momento pero para abrir boca un segredo:

Na miña aldeia, A Barxa, parroquia de Puente Grande, concello e comarca de Celanova vivimos 7 familias, algunhas formadas por unha ou ningunha persoa; cunha media de idade de 85 anos (é coma Cocún), aínda que coa nosa chegada e a duns madrileños baixou algo.

Pois ben, debido a falta de dinamismo social e de actividades de lecer, estuven desde o mes de decembro ata hai un par de semanas tocando a campá da igrexa ás 00:00 dos sábados, a defunto por suposto.

Foi toda unha revolución, todo o mundo comunicándose para averiguar que pasaba: as ánimas, unha mensaxe do ceo, un droghadito que vive nun lugar máis arriba...

Tuven que parar incluso unha finde, porque escomezaron a facer gardas por quendas.

Todos sospeitan de min, pero non son eue quen de botar a baixo esa súa nova teima común, nin botar abaixo o seu novo imaxinario colectivo...

Lúa Neghra disse...

Hahaha, boísima, pándigo. Eu como moito, agredín ao meu irmán, igual que todo Dios (ten unha cicatriz na meixela froito dun combate de esgrima con regras rotas), manguei chuches nun supermercado aos catro anos e metinos no carricoche do meu irmán, e escapei da casa vairas veces, á parte dos grafittis por todas as casas polas que vivín con plastidecor...

besbellinha disse...

Estiven pensando, e o do meu irmán (tema recurrente este...pobriños) vouno deixar aparcado porque o quero moito e prefiro non lembrar tódolos meus estados de alteración que sufriu.

O único que fixen foi meterlle durante o recreo a unha compañeira caracois na mochila. Cando volvemos ás aulas, abriuna e botou a chorar desesperadamente e estivemos todos castigados porque ademais fora durante a clase que daba a directora da escola.

Anos antes deso, a miña mellor amiga máis eu enfadámosnos e fomos convencendo a tódolos compañeiros para que estivesen no noso bando. Unha vez reunidos os exercitos fomos cara o campo de fútbol cada un polo seu lado e bueno, imaxinade un "Braveheart" apto para menores entre 5 e 10 anos.

musgallo disse...

Que nenos tan crueis! Será que eu non tiven irmáns, mágoa!
Home, séguenme recordando os amigos e a familia coma unha cativa atravesada pero a verdade é que non fixen ningunha cousa digan de mención, que eu lembre. Home, estoume acordando de algo pero non era unha maldade, só era pura interese. Sempre sisaba 5 pesos da carteira (estou falando de hai uns 20-22 anos)para ir ás traghaperras da taverna botar unha partidiña aos circuitos de coche. Pilláronme porque soñando (son unha sonámbula tremenda, esta mesma noite balastreei canto puiden e fixen kilómetros polo piso)simulaba o xogo e movía os brazos coma se estivese manexando os mandos do aparello.

opándigo disse...

mimá, isto parece xa un blog do OPUS, de verdade relacionades trasnadas á adolescencia e a familia? Alá vós...

Eu escollín entre moitas e pasando pola autocensura esta:

de adolescentes, de vacacións en Aldán (espero non ter que falar coa xustiza por ista confesión); respirando a liberdade e a estupidez propia desas idades e contextos, entramos a pé de praia nun chalé de puta madre, pois iso, a furgar e a experimentar o rollo morbo e o rollo adrenalina.

O malo é que ao final instalámonos uns 7 días e deixamos de pagar o cámping, vaia botellóns e festas que organizamos, lémbrome de impresioar ás rapazas que levaba de visita e...

Pero un día chegaron os propietarios/as ou alugueiros/as; e a okupa converteuse nunha parodia dos Marx.

Despois do susto e de tranquilizarse, e revisar e comprobar que non había desperfectos nin roubos, e de observar a nevera chea de calimocho e vodka do Gadis pois deberon pasar de todo, iso si, tuvemos ocasión de analizar que se acentuaron as medidas de seguridade...

Que imbéciles... animádevos a probar...

caladinha disse...

Vou contar tamén unha da infancia-preadolescencia, a risco logho de seguir aumentando o tufo opusino da cousa... Direi ademais que se trata dunha confesión... Nunca antes estes feitos foran recoñecidos nin revelados publicamente.

Ven sendo que a tarde se facía aburrida, estaba con Arroas deitada na herbiña da eira, á sombra das ramas da figueira do veciño, que pasan abondosamente por enriba do muro (nunca entendín ben porque os nosos vellos non eran dos que montaban un cristo por iso ou ían directamente "pinchar" a figheira polo pé... sería porque a sombra era ben xeitosa).

O caso foi que escoitamos ao veciño abaneando a figheira cunha baloira (perdoade os filóloghos, pero non teño dicionario a man e nunca o vin escrito, así que non sei se ten ir con -b-, -v- ou o que) e apañando os fighos.

Sen facer ruído ningún fomos ao porral, apañamos media ducía de tomates, tomamos posicións detrás do muro e comezamos a lanzalos.

Botamos o primeiro, ben alto, entre a ramaxe, describindo unha parábola, de xeito que caese por onde o veciño andaba coa baloira, ao tempo que os fighos.

De paso, axexabamos por uns ocos do muro, a cara de pasmo coa que colleu o tomate, mirou para el, mirou para a figueira, mirou para o tomate, para a figueira...

Cando volveu a varear a árbore, botamos o segundo tomate, volta á cara de pasmo, miraba para un lado e para outro, o tomate, a fighueira...

Cando botamos o terceiro tomate, agarrouno, volveu mirar e remirar e marchou gritando para dentro:

- Ghillermina!!, ai Ghillermina!! a figheira dá tomates!!

Ao pouco Saiu Ghillermina entolecida, apañou a baloira chamándolle de todo ao pobre home, deulle unha boa sacudida á figheira e nós, caladiñas e quietas coma petos, mirando dende detrás do muro.

Colleu os fighos, púxollos diante da cara e espetoulle:

- Ti ves alghún tomate!? Pódese saber de onde quitaches eses tomates?, se nós non os botamos...

Ghillermina acabou marchando máis entolecida aínda ao xurarlle el e perxurarlle que caeran da figheira, nalghún momento ata se diría que non lle faltaron ghanas de achegharlle.

Cando ela desapareceu pola porta, el volveu coller a baloira, sacudiu a figheira con furia e... botamos outro tomate!

Apañouno e comezou de novo a ghritar mentres corría cara adentro con el na man:

- Ghillermina!!! Ven ver!!!

Nesa altura xa non puidemos coutar máis o riso e tivemos que marchar antes de que o coitado volvese saír.

Aos poucos días andaba o conto dos tomates da figheira de boca en boca, rindo todos da tolemia do veciño... Nunca ata este preciso instante nos atrevimos a revelar que foramos nós...

eue disse...

Hahaha!
Xa é o segundo día que me escarallo polo baixo diante do ordenata do choio!
Como di "miñabuela": "Dios nor dea ghana de rir!"
Sodes ben paveros/as
A súa, Caladinha, é digna do mellor Bocaccio. Aínda que as del teñen outra volta un algo menos inocente, pero polo alento popular da Europa campesiña que todos/as levamos dentro sen dicilo (Ferrín),
este teu texto tiña que se recoller nas antoloxías da narrativa popular galega.
Pándigo, o teu xa non ten nome. Okupa!!! Que chea de rir, ai mimá.

Escarállome con vós os/as todos/as, insisto

Marinha de Allegue disse...

Eu tiña daquela 7 anos e o meu primo 6 e decidimos escapar da casa da miña avoa. Escapamos correndo polos prados abaixo ata que chegamos onda a vía do tren, daquela había un apeadeiro. Eu tierei unha pedra e dinlle a un cristal fíxonos tanta gracia que decidimos rompelos todos, íase facendo de noite e desde alí oiamos a nosa avoa berrar por nos ata que deu co noso escondite. A mín xa me mandou esa mesma noite para a miña casa e a Xavi deixouno ata o día seguinte que o viñeron buscar.
Sempre fun moi traste, se che conto tódalas trastadas enchoche o blog.
Unha aperta.
:)

musgallo disse...

Estouvos collendo medo. Facedes demasiadas estramonías neste bló. Trasnos!

Nemeth disse...

xa non me atrevo a contar ningunha das miñas... acho que nin se achegan as maldades maquiávelicas dos comentaristas :D

case choro coa risa...

eue disse...

Estramonías...
E dispois non queres pasar por filólogha!
Ai, diormí, diormí. Vémonos en Chaián X-PPP

eue disse...

Eu unha vez tireille unha pedra a un coche en marcha e acocheime antre o millo, Mariña. Pedras+pícaros, pior ca nitroglicerina+goma2

musgallo disse...

Meu caro Eue: "estremonía" ou "estramonía" (con neutralización do fonema átono) é palabra común na miña comarca. Non fai falta ser filólogo para se dar un conta. Tampouco fai falta ser filólogo para saber que a palabra deriva de "estrologia" (forma medieval de "astroloxía" pero xa cruzada con "estrela" xa que na Idade Media a diferencia entre astros/estrelas e astronomía/astrología non existía)da que é unha deformación. SIgnificou nun primeiro momento "cousa ou feito de maxia" e hoxe é "trastada, trasnada". unha prima miña quixéronlle poñer "Estefanía"pero finalemnte optaron por Sandra porque unha velliña xa bautizara a criatura coma "Estremonía". Outra deformación, inconsciente, iso si; a vella non era filóloga.

eue disse...

Pero ti si, que vés de facer máis derivas diacrónicas mesturadas con etimoloxías populares ca Ramón Lourenzo!!!
Pola boca morre o Musgallo...

musgallo disse...

Lorenzo, non Lourenzo, eue!

eue disse...

Caíches, caíches na trampa! Aghora si que xa quedou demostrado... X-DD

TXARI disse...

mais que muma trastada a minha fui uma irresponsabilidade, nom sabía onde me metía, mais con dous rapaces, ningúm deles de máis de des anos, eu jâ os tería máis ou menos, decidimos probar como ir en chalana dun lado ao oitro da ría (ría pequena, por suposto) e como era o maior ía recostado na popa namentres os oitros dois bogabam um em cada remo...a chalana era "emprestada" (sem permiso) e nom era nova precisamente...de súpeto a um rompelhe un tolete...nom deijei que os nervios puidesen comigo (des anos tería!! onse a lo sumo!!) e improvisei um tolete dum ferrro que levabamos e colhin eu os dois remos...ganhammos aljo de costa , mais...rompin a toletera coa força...sem toletera só se pode bojar cum remo dende popa, e ninqum sabía!!!(nem sei hojê , nem suponho aprenderei, é mui jodido) a corriente levabamonos polo mar abaixo até a boca da ría e só podíamos reçar, os dois pujeromse a chorar, e eu intentei bojar com todas as minhas forças por babor, suaba, cando a maré tivo a bem achejarnos a terra, jâ había marinheiro s ajardando nas rochas que nos viran sufrir dende a fiestra dun deles...pasei medo realmente...( o milhor fui que um dos marinheiros, mui boa pessoa dijolhe ao dono que colhera el a chalana e que rompera el a toletera,e é qiue nós nim prejuntaramos de quem era...e o dono tinha um caracter "abrupto" (que em paz descanse pois morriu afojado...)

nona disse...

Sodes todos moi malos. Eu de pequena non facía maldades, facía experimentos. E facendo experimentos tiña accidentes. Que morriña teño da miña inconsciencia.