2.2.06

Educación Infantil


Tiñas dúas caras
Mira que eras falso,

Gusiluz

14 comentários:

Lúa Neghra disse...

POis o meu só tiña unha cara (era dos pequeniños, que eran máis baratos). Levaba cada susto pola noite por culpa del...

Marinha de Allegue disse...

Por qué??.
;)

Lúa Neghra disse...

Porque estaba tan tranquila adormecendo e de repente vía unha luz... O mesmo me pasa agora cun "Dios Mío" de "El Jueves" que teño enriba da cama, unha pegatina fosforescente que deixou a anterior inquilina (quen sabe, igual tiñe o seu aquel ter a Dios enriba da cama...)

musgallo disse...

Eu nunca tiven un gusiluz deses pero recordo perfeitamente as "lucecú", bueno, na miña terra son "a velliña das papas" ou "a velliña facendo o caldo". O verán pasado vin unha pero había anos que xa non vía ningunha; antes contábanse a ducias nun mesmo arró. E sabedes? recordo perfeitamente a primeira vez que vin unha. Aínda non cumprira os tres anos (joder, parezo o avó aquel dos caramelos ingleses)e viña con miña nai de buscar o leite dunha casa que nolo vendía. Ao pasar por unha silveira vin unha luciña e miña nai dixo "mira, é unha velliña facendo o caldo ou as papas" e eu, coa imaxinación propia dos meniños, metín o naris entre as silvas e vin perfeitamente a potiña na que a vella mesturaba as papas co caldo. Jo, jo,que atrás queda!

Ivan disse...

Eu tampouco tivem gusiluz, tinha um minha prima. A mim já me enganaram bem com o Tristón, deveria estar proibido aproveitar-se assim dos sentimentos dos cativos.
Na minha aldeia dizemos «verme de luz», é muito menos metafórico. O da velha fazendo papas já o tinha ouvido.

flor de lis disse...

eu quería un gusiluz, pero trouxéronme un abiluz, era abella... e un trasno cun lirio na cabeza. polo demais: "eu teño dúas caras, unha é case fea, outra é case bonita".

opándigo disse...

Este verán, alá polo mes de agosto, temén vin e observei un vagalume entre unhas xestas secas, no medio da Serra do Xurés,na pista que vai do Entrimo a A Illa, pero tamén é certo que aparecen solitarias, coma un pequeno resto de algo que se acabou...

En entornos coma este aínda é posible velas, unha das marabillas da natureza. Outra cousa que facilita velas é saír aos camiños e ao monte e observar e fixarse moito, isto tamén se está a perder.

Espero que o eue e a lúa tamén tuveran ocasión de vela

Lúa Neghra disse...

Efectivamente, vimos moitas vellas facendo papas este verán, pándigo. que ganas de que chegue o bo tempo para ir ao monte!!!

eue disse...

Eu nunca vin un lucecú. Creo que a proximidade de Rockanrolltown inflúe moito: non podemos ver as estrelas ben, os animais foxen... Unha desgraza.
Eu de pequeno pedinlle aos Reis o cabalo de Curro Jiménez, que era branco. Cando vin o día 6 aquela cousa de plástico con rodas que arrandeaba púxenme de morros. Eu quería o de verdá!
Graciñas polos comentarios todos. Desde logho, sodes ben adivertidos!

pintega disse...

gustoume moito o relato de musgallo.
a verdade é que eu tamén hai tempo que non vexo un lucecú, tampouco os busco moito, a verdade.

caladinha disse...

Eran outras infancias... e iso de ter dúas caras aínda podía ser algo misterioso e amedrentador...

A semana pasada, no hora do conto da sobremesa dos 50 pícaros cos que como cada día, inventamos unha historia entre todos. Algúns fragmentos:

Neno 1: Pues yo quiero que el personaje sea un grifo.

-Algunha cara rara-

Eu: Pois vas ter que explicarnos o que é, que penso que hai amigos que non o saben.

Neno 2: Es lo que hecha la agua.

Neno 1: Noooooooo! Tiene cabeza de aguila y cuerpo de león.

Neno 3: Pues yo quiero que sea un hipogrifo! que es más fuerte que el grifo.

Eu: E que teñen de diferente?

Neno 3: Pues el hipogrifo es como el grifo pero tiene también piernas de caballo.

4 e 5 aniños, gustariame ver ao gusiluz diante deles!

musgallo disse...

Jo,jo,jooo!!! o cabalo de Curro Jiméneeez?!! Joder, eue, xa se che vían as trazas de trasno, home! todo o mundo pedía fortes de vaqueiros, nancys, barriguitas, trens eléctricos,...

xornalistiña disse...

o hipogrifo é un animal que aparece nas historias de harry potter (parecese bastante a descrición que fan os nenos). o que me parece raro e que xa con catro anos leran os libros do neno mago. supoño que verían as pelis...

eue disse...

E porque non botaban historia ningunha de Prisciliano ou Breogán pola tele, musgallo... hehehe!

Como molan as historias dos teus nenos, caladinha, coma aquel que quería casar co seu mellor colega, porque agora xa se podía e había "un sitio" que lles daban nenos en adopción a dous papás ou a dúas mamás. Un saúdo