7.2.06

Normalización lingüística


Hai en galego
algún
sexblog?

21 comentários:

Le Petit Poyon disse...

O meu non, pero acéptanse voluntarias: se queren participar en facer un sexblog contando experiencias reais e interactivas, asomen a patiña: queromillo@yahoo.es

farloppomanontroppo disse...

E por que quero millo? por ir entre o millo a faser o labor?

eue disse...

Pois si, iso de ir "antre" (na miña aldea é así) o millo tampouco é "palla".

i.a. disse...

sex-blog, sex-blog, you're a sex-blog... XD

Marinha de Allegue disse...

Non teño nin idea, non vin ningún en galego.
:)

SurOeste disse...

Intentárono facer pero foi un fracaso. Anunciárono no Foro de Vieiros, pero non dou despegado. Xa non me lembra o nome.
Oes, pitiño, primeiro sae da casca, antes de facer ese tipo de proposicións.

Cesare disse...

:p

Le Petit Poyon disse...

Non, o de saír da casca déixoo para o sexblogue ese. Que pasa co de facer proposicións? Non pode aproveitar un que o Internet este seica é un antro de perversión e vicio?

Conta como algo parecido a un sexblog de ámbito galego a web http://www.aidamodels.com/gallery/ ?

musgallo disse...

Home, de o sexo de vicio ten moito e para moitos. En canto ao de perversión...Pero sinceramente, para que carallo se quere un sex-bló? Mellor sería unha páxina de contactos galegos para os interesados, non?

candorca disse...

Efectivamente musgallo, ou de interesados galegos para contactos, mellor aínda... ;-)

SurOeste disse...

Ímosche quitar a casca nós, pero iso si, conservando o anonimato. Anda con ollo

FraVernero disse...

Ums...
pois faría falla. Demasiados solteiros pola rede. Ben sabido é que os intelectuais xa non ligan do mesmo xeito que nos cincuenta: adeus ás gafas de pasta, os ollos saltóns-de-sapo de Sartre... As alternatas do século XXI só acadan a éxtase con metrosexuais ou manolito rivas...
Seguramente algunha poeta dos noventa e blogueira estará entusiasmada co proxecto. Pola miña parte, sinto máis interese polo producto real e espumoso...

eue disse...

Hahaha! Xa hai teorías de que a tal poeta dos noventa está tras vsqn...
Páxina de contactos galegos xa hai, Musgalloe Candorca, que a min xa mo contaron, inda que nunca a vin diante...
Le Petit Poyon, xa o seu alcume francés ten "cola", pero é que está vostede a converter os comentarios deste bló nun híbrido de páxina de contactos e sexblog! Modéreseme, home, digo, pito, este... ave ;-)

SurOeste disse...

na miña modesta opinión, nisto do sexo (coma no demais) cada un ten que facer o que poida e deixar de ser comesto pola envexa noxenta .Na páxina de vsqn, hai moita envexa ¿que pasa?cada un ten o blog que quere (no meu caso que podo)e ós que non lles guste que non vaian.
Agora ben a min isto dos contactos por internet ou por axencia dáme verdadeira grima.
Xa me diredes como pode ser a cousa se non hai ningún interese sexual previo...

eue disse...

Eu penso que se pos algo na Rede, estás publicando e tes que aceptar as opinións posibles que suscite. É unha forma de baixar o/a autor/a da súa torre de marfil, cousa que me parece moi ben.

Por outra banda, teño claro que vsqn, sexa quen for, que tampouco importa, busca a provocación, como tamén a busca a tal poeta de que falei antes. Penso que as respostas veñen completar, lonxe de mutilar, a súa obra. Xoga a un xogo ao que quere xogar e nel entra quen quere.

E iso tamén me parece fantástico.

Quero deixar claro que se cito a vsqn é porque existe.

E xa estou entrando no xogo...

Nygard disse...

Non creo aportar nada novo, pero eso parécese, non?: vsqn.blogspot.com

musgallo disse...

E como non vai haber interese sexual a priori no casodos contactos virtuais? Se un xa fai un arreghliño coa ilusión...!

candorca disse...

Carallo ho! Se tes un *contacto* pola interné a motivación sexual estaría case asegurada, pois é moi doado dicir cousas que nunha primeira cita con rosa en solapa agardando nunha barra dun bar sería complicado.

Eu desde logo, aseguraríame da cuestión sexual (que por outra parte, nunha relación é o único que che poden asegurar) porque é moi fácil asumir un rol e un carácter que na realidade ha ser ou non...

Por iso se tedes un contacto pola rede, bulide paso lixeiro (aarrr!) e buscade o voso contacto [e levade unha lata de lubricantes SHELL por se acaso] ;-)

musgallo disse...

Iso de que nunha relación estábel o sexo estea asegurado...en fin, que eu vexo moitas caras de cartón entre os emparellados.Persoalmente non estabelezo contactos pola Interné xa que prefiro as cousiñas doadas, sen ter que romper moito a cabeza nin o labio. Iso dá moito curro, oh!

candorca disse...

Eu o labio inferior intento rompelo bastante, coma se de chuchar caramuxas falaramos :-*
Caras de cartón entre os emparellados? O que ás veces hai é moita cara de cú directamente.

o perfil de solteiro/a que acode a contactos busca:
a) parella, obviamente
b)SEXO
c)Comunicación
d)SEXo
e)SExo
f)Sexo
g)sexo

musgallo disse...

Candorcaaa!!! Chuchar caramuxas...nunca tal vin!!!