26.2.06

Presente de aniversario para Musgallo





Powered by Castpost

17 comentários:

FraVernero disse...

Así me gusta, ou... que a xente estexa sempre atenta aos pequenos detalles...
xD
Hoxe -como moitos domingos- íamos quedar en Noia, pero non puido ser. Nembargantes, xa recibirá tamén o meu agasallo, e algún convite.
Canto nos gusta que se lembren dos nosos aniversarios...

pintega disse...

Como non puiden falar con ela aínda, e polo tanto non a felicitei eiquí quedan os meus parabéns para Musgallo.
E que sexan moitos máis....!!!!
Agora non estaría de máis que ti nos regalaras a nós un bló da túa autoría, non?

acedre disse...

Parabens para Musgallo e boa adicatoria de Eue para ela.
Un saudo.

SurOeste disse...

¿Cantos...fas?

Imaxínote como de 15 cunha arte para a sentencia coma de 60.

musgallo disse...

Joder, Eue! Moitísimas gracias polos parabéns! Nunca me fixeran detalle tal. Menos mal que os virtuais, aos que tamén volo agradezo infinitamente, se acordan de min porque na casa...en fin...meu pai disque se nacería por abril e miña nai non se acorda ben do día ou se fai a tola directamente. (Bueno, virtual, só é Eue e Suroeste, dous trasnos onde os haxa). A ver eses agasallos da Pintega e do Fraver...
Suroeste, non sei por onde tomar iso da sentencia de sesenta...En fin, son xa unha peza de desguace, digamos que as cifras con patiños xa as deixei atrás definitivamente. Buaaaaaaaaaahhh!
Unha forte aperta a todos,a Eue especialmente, por semellante detallazo.Ah! neste momento non podo poñer o audio porque estou na biblioteca do concello, pero xa mirarei.

musgallo disse...

Por certo, nunca fagades a típica pregunta ao sexo contrario de "cantos me botas?" porque disque "callados". Ata 40 me botaban a min o outro día, pero xa sería para menos.

musgallo disse...

Ui! acabo de ver a entrada e Eue agasalloume co cancioneiro da Vaticana, non? se me engano quedaría algo mal pero o tipo de letra do copista, co rabo do g tan amplo e outras características, fano inconfundíbel. Ja, ja, Eue, vexo que te fixastes nos chivatazos de Fraver...

eue disse...

Hahaha! Collíchelo!
Pois espera a escoitar o audio...
Como non che vou poder ver a cara que poñas espero que nola "contes" aquí.
Filólogha...
X-D

musgallo disse...

Ou estou facendo algo mal ou aquí sae unha tipa falando pitinglis e di algo de "caspa" (non sei, como hoxe me regalaron sales de baño)ou "caspius", pero non entendo nada. É unha páxina laranxa (creo). Estou mirando ben?

musgallo disse...

Ahhh! é unha propaganda sobre o "castpost" ese que non sei que é. Non teño á man ningún diccionario e o meu inglés redúcese ao novo pidgin da costa...Non sei, xa chamarei a alguñén para que me diga. Agora teño que apagar.

eue disse...

Non, Musgallo.
Só tes que premer no botón de "play", o famoso triángulo, e ter un algho de paçençia, que primeiro ten que cargar e logo xa soa ;-)

pintega disse...

Eu si que conseguín oír algo, pero o son é moi malo e non se distingue case nada. Só acertei a adiviñar que é unha cantiga de amigo musicada...

eue disse...

Éche problema do equipo en que escoitaches o mp3, porque eu comprobeino despois de subila e soaba ben.

eue disse...

Era unha versión da cantiga en cuestión, de Martín Códax, "Ai, ondas que eu vin veer", feita por uns e sobre todo unha rusos/a que lles chaman Laterna Mágica www.laterna-magica.narod.ru e que podedes topar tamén na miña outra cacha http://emepegues.blogspot.com
E regaleilla a Musgallo porque creo que investiga nesas cousas medievais, non en balde recoñeceu a folla do cancioneiro da Vaticana
X-D

musgallo disse...

Eue, xa escoitei. É ben bonito, algo melancólico, si (como ía ser) pero moi bonito. O que si é que me dei conta definitivamente que os altavoces que teño non son de moi boa calidade. En fin...que moitas ghrasias; foi un ghran detallaso. Unha aperta.

eue disse...

De nada, de nada. E que faghas muitos máis.

Andresinho disse...

Unha cantiga preciosa, das millores de Códax... e cunha botelliña de oruxo non se escoitaría nada mal...