San Deus! Por enriba confunde a este pobre tío Pepin co ínclito e vargasllosesco don Rigoberto! Vou ter que ir colgar comentarios a VSQN a ver se mexan por min (cando menos).
Hei consultar o de Gharapaldo, amais o de Maninghua. Advenedizo xa fun eu alghunha vez, así que naturalización xa! Pavero eu só sei que está con asterisco no Gran Xerais, e que o sufixo -ero en vez de -eiro tamén é sospeitoso. Eu sempre pensei, antes de mirar no Gran Xerais, que era sen sufixo, coma primavera. Tamén o hei mirar. Por certo, non se me estará enchendo isto de filóloghos?! ;-DDD
Mais... Aquí todo o mundo é filólogo ou que? Eu sempre crin que *pavero* era un italianismo (do it. *papero* pero non sei se é unha palla mental miña), o conto é tan galego coma *simpático* ou *alegre*. O que é galego, pero fetén fetén, é *garapaldo* ('golpe ou empurrón violento') [merda de filólogos... ;-)] Para *pavero* hai unha palabra caralluda galega, fetén fetén, que é *pándego* e que a min me contaxiou un compañeiro á velocidade da gripe do polo. E perdoade, pero saltoume a vea filolóxicofílica.
16 comentários:
Até cando van estas palabras ser castelanismos? Se xa non se usan en castelán, por favor!
Naturalización xa!
HAICURRENCIA
Vostede postea
Vostede comenta
¿Eu que fago?
Pois comentar en vsqn...
;-DDD
Non, en serio, aproveito os comentarios para expraiarme, porque en tres versos non é doado. Só iso.
Ai, non, que ese era don rigoberto!
Perdón, son as oito e ando xa tolo da cabeça
Castelanismos enxebres:
maninghua= leira botada a monte por descoido=bouzada.
Hai que ser moi enxebre para usar esta palabra hoxe en día (e non porque non haxa maninghuas)
Ó Porto Editora xa (para que os lusis a vexa con bos ollos)
San Deus! Por enriba confunde a este pobre tío Pepin co ínclito e vargasllosesco don Rigoberto!
Vou ter que ir colgar comentarios a VSQN a ver se mexan por min (cando menos).
Un saúdo, eue.
"Mea culpa" "Mea" culpa. Ou, en galego, "mexa a culpa".
Flaxelado me acho.
E micciónenme en acto contrito.
Tío Pepín, lamentoo de veras, o día ten muitas horas, muitas demasiadas para eu as xestionar como conviña.
Unha aperta
vERGASLLOSESCO: presionemos tamén para que a RAG inclúa este imprescindible neoloxismo.
A "Real Tuabuela" merece varios capítulos con versículos e todo.
Unha aperta pa ti outra para a túa avoa.
;)
eu(e) quero que advenedizo seja incluído no léxico galego já XD
cría que pavero era netamente galega exportada por galegos a sudamérica...
Hei consultar o de Gharapaldo, amais o de Maninghua. Advenedizo xa fun eu alghunha vez, así que naturalización xa!
Pavero eu só sei que está con asterisco no Gran Xerais, e que o sufixo -ero en vez de -eiro tamén é sospeitoso. Eu sempre pensei, antes de mirar no Gran Xerais, que era sen sufixo, coma primavera. Tamén o hei mirar.
Por certo, non se me estará enchendo isto de filóloghos?! ;-DDD
Pois si, e a muita honra, Musgallo. Eu pensei que se me notaba un chisquiño...
E vostede?
Advenedizo? Na miña terra é venidero. Outro castelanismo con -ero.
Mais... Aquí todo o mundo é filólogo ou que? Eu sempre crin que *pavero* era un italianismo (do it. *papero* pero non sei se é unha palla mental miña), o conto é tan galego coma *simpático* ou *alegre*.
O que é galego, pero fetén fetén, é *garapaldo* ('golpe ou empurrón violento') [merda de filólogos... ;-)]
Para *pavero* hai unha palabra caralluda galega, fetén fetén, que é *pándego* e que a min me contaxiou un compañeiro á velocidade da gripe do polo.
E perdoade, pero saltoume a vea filolóxicofílica.
Por certo, alguén consultou no GDXerais *enfriar*, é ben simpática a solución ho!
Postar um comentário