10.2.06

Castelanismos hiperenxebres da Real Miñabuela


Pavero
Parrandero
Facer bolillos

16 comentários:

eue disse...

Até cando van estas palabras ser castelanismos? Se xa non se usan en castelán, por favor!
Naturalización xa!

Anônimo disse...

HAICURRENCIA

Vostede postea
Vostede comenta
¿Eu que fago?

eue disse...

Pois comentar en vsqn...
;-DDD
Non, en serio, aproveito os comentarios para expraiarme, porque en tres versos non é doado. Só iso.

eue disse...

Ai, non, que ese era don rigoberto!
Perdón, son as oito e ando xa tolo da cabeça

SurOeste disse...

Castelanismos enxebres:

maninghua= leira botada a monte por descoido=bouzada.

Hai que ser moi enxebre para usar esta palabra hoxe en día (e non porque non haxa maninghuas)

Ó Porto Editora xa (para que os lusis a vexa con bos ollos)

Anônimo disse...

San Deus! Por enriba confunde a este pobre tío Pepin co ínclito e vargasllosesco don Rigoberto!
Vou ter que ir colgar comentarios a VSQN a ver se mexan por min (cando menos).

Un saúdo, eue.

eue disse...

"Mea culpa" "Mea" culpa. Ou, en galego, "mexa a culpa".
Flaxelado me acho.

E micciónenme en acto contrito.

Tío Pepín, lamentoo de veras, o día ten muitas horas, muitas demasiadas para eu as xestionar como conviña.

Unha aperta

SurOeste disse...

vERGASLLOSESCO: presionemos tamén para que a RAG inclúa este imprescindible neoloxismo.

Anônimo disse...

A "Real Tuabuela" merece varios capítulos con versículos e todo.
Unha aperta pa ti outra para a túa avoa.
;)

Anônimo disse...

eu(e) quero que advenedizo seja incluído no léxico galego já XD

TXARI disse...

cría que pavero era netamente galega exportada por galegos a sudamérica...

eue disse...

Hei consultar o de Gharapaldo, amais o de Maninghua. Advenedizo xa fun eu alghunha vez, así que naturalización xa!
Pavero eu só sei que está con asterisco no Gran Xerais, e que o sufixo -ero en vez de -eiro tamén é sospeitoso. Eu sempre pensei, antes de mirar no Gran Xerais, que era sen sufixo, coma primavera. Tamén o hei mirar.
Por certo, non se me estará enchendo isto de filóloghos?! ;-DDD

eue disse...

Pois si, e a muita honra, Musgallo. Eu pensei que se me notaba un chisquiño...
E vostede?

SurOeste disse...

Advenedizo? Na miña terra é venidero. Outro castelanismo con -ero.

candorca disse...

Mais... Aquí todo o mundo é filólogo ou que? Eu sempre crin que *pavero* era un italianismo (do it. *papero* pero non sei se é unha palla mental miña), o conto é tan galego coma *simpático* ou *alegre*.
O que é galego, pero fetén fetén, é *garapaldo* ('golpe ou empurrón violento') [merda de filólogos... ;-)]
Para *pavero* hai unha palabra caralluda galega, fetén fetén, que é *pándego* e que a min me contaxiou un compañeiro á velocidade da gripe do polo.
E perdoade, pero saltoume a vea filolóxicofílica.

candorca disse...

Por certo, alguén consultou no GDXerais *enfriar*, é ben simpática a solución ho!