2.2.18

insomnios

o ser humano
para durmir
ten que soñar

1.2.18

insomnio




pra coller o sono
o ser humano
precisa soños

22.12.17

a discreción



charramangueiro no entruido
hippie en primavera
alcólico no nadal

resistiré



mexo e fai bafo:
boa nova, a calor
ergue do frío

19.12.17

blank



palabra
cadabra

contrasinal

1.12.17

Coma os cabalos


era un superheroe con superpoderes
pero o antiface estáballe ghrande
e non a viu vir

24.11.17

onde vas, ho




o vello estanque
salta unha ra:
teño un whattsapp

2.3.17

outro pasado é posíbel



topamos as ánforas, cráteras, vasillas
                                                    rotas
que deixaron atrás,
                                a louza nova

onde será que a gardarían ou foran levar?