21.9.10

Aviso

Ofrécese
grupo punk
para reformas

Marchar

na hora que o chopiño
de licor K se me fai

reloxo de area

Boicot

Sen tetos
non hai
paraíso

13.9.10

Rock & Roll Circus

todo, aquí todo dura
máximo 5 min

coma os temas

10.9.10

.

cando o amor é plusvalía
e pra gañar

hai que perder

18.8.10

Comunic-arte

Mandarche unha sms
de seiva saliva en cada bico

lamberte en código morse

Vinganza

Sentar á sombriña pra ver como se cocen facendo
cola na Quintana dediante da Porta Santa baixo un

sol de xustiza

11.8.10

punki


por boca acción
provocación
por vocación

13.7.10

Eu non te espero


Bieito=
XVI - Galiza=

0

25.3.10

Galiza surrealista


Somos un seteparroquias
e unha Singer
........................ baixo

unha mesa de braseiro

3.3.10

Auambabulubaedoileliadoura

Habelo hailo
Habelo hai
lolailo

Vil.lingüismo

Onde vas? On the bus.
Ai, si? I see.
It's OK. Éch'o qu'hai.