24.11.06

Coartada de lingüista


Lo siento muuucho
la Norma te es aaasí
no lainventado yoooo...

22.11.06

lgtbh


Ao fin e ao cabo
todos sentimos pracer polo cu
nos cuartos de baño

20.11.06

Nunca dou co ramal bo á primeira


Cada vez que entro nunha rotonda
entra en conflito a linearidade
coa natureza cíclica da historia

16.11.06

Termómetro "dixital"

Que nos veñan con díxitos a nós
que sempre ao caldo ou ao viño
lles tomamos a temperatura co dedo...

13.11.06

Hai catro anos


O monstro Eddie e a mariscadora
berraban xustiza dende a súa
camiseta vella de Iron Maiden

8.11.06

Afouteza


Xa tiña pelotas Songoku
pra lle ir arrincar secomasí
as bólas ao dragón

6.11.06

Todos os Santos


Non pode ser
que haxa máis galego-falantes
no cemiterio
. . . . . . . . . . . . ca na aldea