21.12.09

Frase de Nadal dun alumno


Ghesucristo
non existe:

son os pais

20.11.09

Volta do recreo


A lama do piso do corredor
da entrada do patio
é un big-bang
.........................de puntos cardinais

11.8.09

Enquisa

Non ho, que va, Feijoo, boh
Se a culpa inda non é túa

a culpa é de quen che fai caso

31.7.09

É un xuego


Toys 'r' us
Os xoguetes
somos nós

18.6.09

Forza


A mente pode
parar un puño, o corpo
leva a hostia igual

1.4.09

Falemos con propiedade intelectual


A Lingua non é un patrimonio
É unha obra de arte distribuída
baixo licenza Creative Commons

2.3.09

Contiño


Hai ras que se fan grandes
converténdose en príncipes

outras, pequeniñas,
.......................... raíñas

16.2.09

A Santa, o Bardo e o Rebelde


Rosalía era a popi
Pondal, o hevi
Curros, o punki

9.2.09

2 condenados por queimar a 'efixie' de el-rei


Vaia, ao final o rei
o que tiña non era cara
senón moita efixie