31.3.06

Lugar de traballo



Por aquí hai quen di
que traballa arriba

eu traballo alá

29.3.06

O meu xoguete favorito

Quería un cabalo branco,
"o de" Curro Jiménez

non "coma o de"

28.3.06

Dito popular




Ti, tranquilo,
que Tranquilo
morreu caghando

24.3.06

Díxoo ela


Fódesme
a vulva
raquídea

22.3.06

Antirobalización!


Hai o perigo
de vivirmos nun mundo
robalizado

15.3.06

No asento de atrás


Pra me entreter
maxinaba que corría
de par do coche

14.3.06

O bico


Tiñan o nariz tan grande
que se bicaban ao tempo

en galego e innuit

10.3.06

As "cuestións persoais"...



... impídennos ver máis veces
a valía dos odiados
ca a impericia dos amados

8.3.06

Profilla un/ha filólogo/a



El/ela repasa as opos
ti aforras as pasantías

e ligades grazas a "galle"

7.3.06

O pic-nic de San Lourenzo




Quedamos pra amañar o mundo
filoloxicamente falando
sábado 18 ás 15:00?

2.3.06

1.3.06

De que fuches?


Metínlle un susto que flipas
a un veciño, que topou á mañá

un drugo borracho no portal