29.8.06

Clan, destino


Naquel cubilete de parchís
chegou un día á terra prometida
deitado coma dados sobre a area

21.8.06

De viaxe


Contigo
os mapas fanse
cidades

31.7.06

Adverbio


Oes,
fala
calado

28.7.06

Prestidixitalización


-Buah, que pasada!
-Boh, seguro que o fixeron

por ordenador

23.7.06

Só vós


Ser ver o revés
é bo, só ve
o d'aló ao lado

19.7.06

o-pos(t)

Só por pór,
pos só "opos":

o sopor

11.7.06

Fali-cock


Quero ser
unha icona
do carallo

10.7.06

Taquicardia


Enchede
esta páxina
en branco

3.7.06

Que mala hostia


Vale que os cuartos de baño
non teñan fiestras pero
pór a chave da luz fóra...

29.6.06

Espiñas de graxa no lombo


A guerra
dos sexos
do s. XXI

22.6.06

Gheada Mundial


Ghana
Ghana, Ghana...

... ghana!

21.6.06

Relaghaçión de esfínteres



Por que raio será que ao
entrarmos pola porta da casa
nos vén a gana de mexar?

15.6.06

A mesa dos nenos perdidos


Puñan unha mesa
para os nenos nos convites

a de nunca (xa)mais

14.6.06

Ouvido cociña II


Arremecághona
grava no Malas
Sigho (Vivo)!

Ouvido cociña I


Podes escoitar e descargar...

... Se descobres que a NASA che rouba
os
discos de Cumbias 13

13.6.06

Cuarta dimensión


Enormiño
Diminutazo

O noso amor

9.6.06

O pracer


O pracer de quitarmos amodo
un calcetín que levase
o día enteiro apegado á pel

1.6.06

Meu pai hit


Desde logho
ti tamén

empreñas do aire

31.5.06

Cambio de secuencia


A putada é non poder marchar
despois de soltar unha frase lapidaria

coma nas pelis americanas