24.6.08

Muíño Sound System


Iñantes dos scratchs
o tarabelo picaba na moa
o drum&bass da muiñeira

5.6.08

Sentido tráxico


Levan o chaleco reflectante

enfundando o respaldo
do asento do condutor

27.5.08

Álvarez Blázquez


E que faría hoxe
Cachamuíña diante

das portas da Citroën?

21.5.08

Evolución lingüística


Ayuntamiento
Concello
Untamento

20.5.08

Eros e Tánatos

Case todo o facemos

por foder
ou por foder

14.5.08

Máis barata


Sinceramente
para autoemoción
a masturbación

2.5.08

Idea para autoemprego II


A boas horas

Afterhours
Mangas Verdes

Idea para autoemprego I


A Vaquiña
polo que Vale

Management

21.4.08

lost in translation


Eau de toilette
pour homme ou pour femme é

Aghua do báter

26.3.08

Espectáculo multimerda en Vigo


C. S. A Revolta, Zona Vella
Venres, 28 do marzal
Rúa Real, 32, 21:00 h

24.3.08

U é?


Na Alemaña teñen
o Deutsche Bank, aquí
o Banco Dóeche

25.2.08

En armas


Mamá, levántaste todos os días
ás seis en punto da mañá

bonita hora para se levantar

11.2.08

John Lydon/Rotten


I'm an anarchist
I'm an antichrist

Eu son a hostia inversa

18.1.08

Mamae, quero ser funcionari@


Somos un pobo cunha clara
vocación socialista, todos
queremos traballar para o Estado

17.1.08

No future


Todos estes momentos
hanse perder no tempo
coma peidos no vento

15.1.08

O meu poeta en castelán vivo


Isto é un poema, aquí pódese
tirar entullo, chuspir de carraxe
e chorar con blasfemias polo mestre

10.1.08

Estado de sitio: Turismo e videovixilancia

Vadeo Santiago
esquivando tiros

de cámara

4.1.08

Conversa nai-pai


-Ai! -Que hai?
-Muito
e mal repartido

26.12.07

Espectáculo multimerda na Coruña


C.S. Atreu
Sábado 29
21:00 h

Revolution rock


O punk rock repártelle
kalashnikovs ao pobo
en forma de guitarras