1.4.09

Falemos con propiedade intelectual


A Lingua non é un patrimonio
É unha obra de arte distribuída
baixo licenza Creative Commons

2.3.09

Contiño


Hai ras que se fan grandes
converténdose en príncipes

outras, pequeniñas,
.......................... raíñas

16.2.09

A Santa, o Bardo e o Rebelde


Rosalía era a popi
Pondal, o hevi
Curros, o punki

9.2.09

2 condenados por queimar a 'efixie' de el-rei


Vaia, ao final o rei
o que tiña non era cara
senón moita efixie

23.12.08

Nadal (haicu tradicional)


Luces de cores
Occidente convértese
nun puticlú

18.12.08

To move


Emocionar é fácil
o difícil é

mover

16.12.08

ILGa-RAG

Iso está
ben dito
ou bendito?

10.12.08

Palestra


Língua galega:
um caso
de lusoafonia

4.12.08

Acórdasme


Átasme cunha corda
Acórdome de ti

Espértasme

3.12.08

Sangue do seu sangue

Só daba dito
orina, o avó
mexou
..............orina

2.12.08

Vivir


Ser tan list@
coma para
non saber

Ás barricadas


Isto é o conflito lingüístico.
Xa estrañarán o bilingüismo harmónico.

Empezaron eles.


En Tempos Novos, agosto '08

19.11.08

A vida é o deporte máis duro


Ionquis
e amas de casa

en chándal

23.10.08

The End (of History)

Fukuyama-Hollywood
Nin puta idea do que é un final

aberto ou feliz

20.8.08

Fónética e fonoloxía


Nunca adorei tanto un fonema
coma cando ela dixo

-Voume xa(r)

28.7.08

Día da Patria '08


Mexan por nós
e
caghamos por eles

24.6.08

Muíño Sound System


Iñantes dos scratchs
o tarabelo picaba na moa
o drum&bass da muiñeira

5.6.08

Sentido tráxico


Levan o chaleco reflectante

enfundando o respaldo
do asento do condutor

27.5.08

Álvarez Blázquez


E que faría hoxe
Cachamuíña diante

das portas da Citroën?

21.5.08

Evolución lingüística


Ayuntamiento
Concello
Untamento