San Deus! Por enriba confunde a este pobre tío Pepin co ínclito e vargasllosesco don Rigoberto! Vou ter que ir colgar comentarios a VSQN a ver se mexan por min (cando menos).
Este é un post demasiado provocador, Eue... "Gharapaldo" non sei se é castelanismo (emprégaa miña nai, non lla oín a ninguén máis,para se referir a "espasmo nervoso"(a acepción acáboa de poñer eu e creo que quedou un termo algho rariño)a min tenme pinta de sustrato céltico.
Hei consultar o de Gharapaldo, amais o de Maninghua. Advenedizo xa fun eu alghunha vez, así que naturalización xa! Pavero eu só sei que está con asterisco no Gran Xerais, e que o sufixo -ero en vez de -eiro tamén é sospeitoso. Eu sempre pensei, antes de mirar no Gran Xerais, que era sen sufixo, coma primavera. Tamén o hei mirar. Por certo, non se me estará enchendo isto de filóloghos?! ;-DDD
Mais... Aquí todo o mundo é filólogo ou que? Eu sempre crin que *pavero* era un italianismo (do it. *papero* pero non sei se é unha palla mental miña), o conto é tan galego coma *simpático* ou *alegre*. O que é galego, pero fetén fetén, é *garapaldo* ('golpe ou empurrón violento') [merda de filólogos... ;-)] Para *pavero* hai unha palabra caralluda galega, fetén fetén, que é *pándego* e que a min me contaxiou un compañeiro á velocidade da gripe do polo. E perdoade, pero saltoume a vea filolóxicofílica.
19 comentários:
Até cando van estas palabras ser castelanismos? Se xa non se usan en castelán, por favor!
Naturalización xa!
HAICURRENCIA
Vostede postea
Vostede comenta
¿Eu que fago?
Pois comentar en vsqn...
;-DDD
Non, en serio, aproveito os comentarios para expraiarme, porque en tres versos non é doado. Só iso.
Ai, non, que ese era don rigoberto!
Perdón, son as oito e ando xa tolo da cabeça
Castelanismos enxebres:
maninghua= leira botada a monte por descoido=bouzada.
Hai que ser moi enxebre para usar esta palabra hoxe en día (e non porque non haxa maninghuas)
Ó Porto Editora xa (para que os lusis a vexa con bos ollos)
San Deus! Por enriba confunde a este pobre tío Pepin co ínclito e vargasllosesco don Rigoberto!
Vou ter que ir colgar comentarios a VSQN a ver se mexan por min (cando menos).
Un saúdo, eue.
"Mea culpa" "Mea" culpa. Ou, en galego, "mexa a culpa".
Flaxelado me acho.
E micciónenme en acto contrito.
Tío Pepín, lamentoo de veras, o día ten muitas horas, muitas demasiadas para eu as xestionar como conviña.
Unha aperta
vERGASLLOSESCO: presionemos tamén para que a RAG inclúa este imprescindible neoloxismo.
A "Real Tuabuela" merece varios capítulos con versículos e todo.
Unha aperta pa ti outra para a túa avoa.
;)
Este é un post demasiado provocador, Eue...
"Gharapaldo" non sei se é castelanismo (emprégaa miña nai, non lla oín a ninguén máis,para se referir a "espasmo nervoso"(a acepción acáboa de poñer eu e creo que quedou un termo algho rariño)a min tenme pinta de sustrato céltico.
eu(e) quero que advenedizo seja incluído no léxico galego já XD
cría que pavero era netamente galega exportada por galegos a sudamérica...
Hei consultar o de Gharapaldo, amais o de Maninghua. Advenedizo xa fun eu alghunha vez, así que naturalización xa!
Pavero eu só sei que está con asterisco no Gran Xerais, e que o sufixo -ero en vez de -eiro tamén é sospeitoso. Eu sempre pensei, antes de mirar no Gran Xerais, que era sen sufixo, coma primavera. Tamén o hei mirar.
Por certo, non se me estará enchendo isto de filóloghos?! ;-DDD
Mmmmmmmmmm...Eue é filólogho?
Pois si, e a muita honra, Musgallo. Eu pensei que se me notaba un chisquiño...
E vostede?
Advenedizo? Na miña terra é venidero. Outro castelanismo con -ero.
A min xa se me nota que non, Eue.
Mais... Aquí todo o mundo é filólogo ou que? Eu sempre crin que *pavero* era un italianismo (do it. *papero* pero non sei se é unha palla mental miña), o conto é tan galego coma *simpático* ou *alegre*.
O que é galego, pero fetén fetén, é *garapaldo* ('golpe ou empurrón violento') [merda de filólogos... ;-)]
Para *pavero* hai unha palabra caralluda galega, fetén fetén, que é *pándego* e que a min me contaxiou un compañeiro á velocidade da gripe do polo.
E perdoade, pero saltoume a vea filolóxicofílica.
Por certo, alguén consultou no GDXerais *enfriar*, é ben simpática a solución ho!
Postar um comentário