22.10.07

Postas polo concello

Convócanse prazas
a señora tinguida, de solarium, con visón

Grupo A

26.9.07

Orvital


Sempre quixen ir
á Lúa, a Venus

Amarte

19.9.07

Non perden o punto


Só os pasos
dos que beillan
levan a algures

11.9.07

Subliminal

As Autoridades
Postais aconsellan:

29.8.07

Haicu do Miguel de Carballo


A vida é coma
o pau dun galiñeiro

curta e chea de merda

23.7.07

Zoando no vento


No aire da entrada da tarde
a serradora eléctrica da fábrica
lembra a harmónica de Dylan

19.7.07

Casa o mierda


Non quero unha hipoteca

Para vivir nun cárcere
hai opcións máis baratas

11.7.07

Cultura Libre


If We can't be free
at least
We can be cheap

28.6.07

Xenialidade de Sun Iou Miou, candidata a bolseira do ILGa


-Tes algún problema
coa normativa oficial?

-Niñum

23.6.07

ArteNativa

Aquí o underground
non está no subsolo

está no rural




12.6.07

O Celta, idiosincrasia e retranca


O único equipo
do mundo cun himno
derrotista

5.6.07

Memorias dun neno arrabaldeiro


Eu sonvos o Eue, un rapaz
do periurbano ex-aldea semicidade
coma quen di
....................un al(gh)ien

29.5.07

Din os anarquistas éuscaros:


Ni Dios
Ni Amo
Ni Buen Rollito

24.5.07

Teletransportación en día festivo


Por que contamos as horas de sono
coma se empezasen ao saír do pub
e rematasen ao entrar no choio?

22.5.07

Nota: ir ao Rexistro Mercantil


A Vaquiña
polo que Vale

Management

17.5.07

Ser ou non ser


Mira, Haimitiño,
este te es el Yorik
No te recuerdas del?

15.5.07

Es terco/a


Motivo para a esperanza:
a merda
tamén fai medrar a vida