26.12.07

Espectáculo multimerda na Coruña


C.S. Atreu
Sábado 29
21:00 h

Revolution rock


O punk rock repártelle
kalashnikovs ao pobo
en forma de guitarras

16.12.07

Váte(r) II

Meu fillo, non lle
cantes a Roca

Instálao

Váte(r) I

Meu pai é fontaneiro
eu cántolle
ao váter

11.12.07

Mira ti


Pois non che sabía eu
que seguise sendo tan fácil

épater le bourgeois

3.12.07

Ir a Cangas por mirar Vigo


Hoxe as luces de Vigo
parecen feitas
para alumar o Morrazo

28.11.07

Solución definitiva para cafetarías


Antes: Posme un café con leite
curtiño de café, cortado non-manchado?

Agora: Ponme un Pantone 1675 PC

22.10.07

Postas polo concello

Convócanse prazas
a señora tinguida, de solarium, con visón

Grupo A

26.9.07

Orvital


Sempre quixen ir
á Lúa, a Venus

Amarte

19.9.07

Non perden o punto


Só os pasos
dos que beillan
levan a algures

11.9.07

Subliminal

As Autoridades
Postais aconsellan:

29.8.07

Haicu do Miguel de Carballo


A vida é coma
o pau dun galiñeiro

curta e chea de merda

23.7.07

Zoando no vento


No aire da entrada da tarde
a serradora eléctrica da fábrica
lembra a harmónica de Dylan

19.7.07

Casa o mierda


Non quero unha hipoteca

Para vivir nun cárcere
hai opcións máis baratas

11.7.07

Cultura Libre


If We can't be free
at least
We can be cheap

28.6.07

Xenialidade de Sun Iou Miou, candidata a bolseira do ILGa


-Tes algún problema
coa normativa oficial?

-Niñum