25.2.08

En armas


Mamá, levántaste todos os días
ás seis en punto da mañá

bonita hora para se levantar

11.2.08

John Lydon/Rotten


I'm an anarchist
I'm an antichrist

Eu son a hostia inversa

18.1.08

Mamae, quero ser funcionari@


Somos un pobo cunha clara
vocación socialista, todos
queremos traballar para o Estado

17.1.08

No future


Todos estes momentos
hanse perder no tempo
coma peidos no vento

15.1.08

O meu poeta en castelán vivo


Isto é un poema, aquí pódese
tirar entullo, chuspir de carraxe
e chorar con blasfemias polo mestre

10.1.08

Estado de sitio: Turismo e videovixilancia

Vadeo Santiago
esquivando tiros

de cámara

4.1.08

Conversa nai-pai


-Ai! -Que hai?
-Muito
e mal repartido

26.12.07

Espectáculo multimerda na Coruña


C.S. Atreu
Sábado 29
21:00 h

Revolution rock


O punk rock repártelle
kalashnikovs ao pobo
en forma de guitarras

16.12.07

Váte(r) II

Meu fillo, non lle
cantes a Roca

Instálao

Váte(r) I

Meu pai é fontaneiro
eu cántolle
ao váter

11.12.07

Mira ti


Pois non che sabía eu
que seguise sendo tan fácil

épater le bourgeois

3.12.07

Ir a Cangas por mirar Vigo


Hoxe as luces de Vigo
parecen feitas
para alumar o Morrazo

28.11.07

Solución definitiva para cafetarías


Antes: Posme un café con leite
curtiño de café, cortado non-manchado?

Agora: Ponme un Pantone 1675 PC

22.10.07

Postas polo concello

Convócanse prazas
a señora tinguida, de solarium, con visón

Grupo A

26.9.07

Orvital


Sempre quixen ir
á Lúa, a Venus

Amarte

19.9.07

Non perden o punto


Só os pasos
dos que beillan
levan a algures