Cecais se o grandioso Castelao vivira nestes días, lamentaría que, despois de Extremadura ou a par, sigamos sendo un engadido, un terreo inexplorado pola curiosidade de Castela e Aragón, unha especie de illa verde, un misterio sen resolver, unha gota de choiva, un acebo agochado, un río enchido, unha nena...
...e nestes momentos, un bo terreo onde invertir e especular na desfeita urbanística, agora que o Mediterráneo xa é un cadavre broslado de horríbeis edificios de formigón...
Un bo inimigo é alén de interesante, un bo estimulo creativo. De odiar a amar hai pequeno treito, aliás. Nembargantes, prefiriría pescar á amada con tódalas súas impericias... xD
Jo, jo...aquí estou con Fraver (coma case sempre). Pola miña parte, defendo a incomunicación da Galiza. Eue, estás feito ou es un poeta? Nunca deixas de asombrar.
Caro Eue: vexo que segues sen me dar a medida da túa cabeza. Non sei se tes tan pouca como quixeras ou tanta como parece, je,je...Bueno, ata a fin de semana non vou á casa, así que xa recibirás por algún meio estrano o teu sancosmeiro. Se non che serve, pódese cambiar. Total, túa nai será modista pero non creo que teñas unha cabeza circunferéndica perfeita, así que ese diámetro sería moi relativo. En fin...aínda que andarei ata o venres por aquí, xa vos desexo unha feliz cuchipanda (escoitei esta palavra por primeira vez o día 1 de xaneiro); creo que vos vai quedar un bo día.Tiña moitas ganas de ir pero ademais de ser moi tímida, teño un arduo traballo urxente. Pero a ver se xa poñedes outra data para unha nova cuchipanda para máis adiante. Por Deus, que non cadre en San Xoán porque non vou roubar carros (onde irei roubar un agora?). Por certo, hoxe fixéronme a carta astral e fíxome moita gracia porque di que sempre saco o peor da xente. Quizais sexa certo, así que me vou refinar moi refinadiña.
48 cm segundo os dotes de cálculo da Lúa Neghra, aínda que non me acordou pedirlle na finde a fita métrica á miña nai (modista) nin aínda dei mercado unha. Así que, sentindo moito non coñecer a túa versión analóxica o sábado, se non hai novedá ghíate polo cálculo lunar. ;-)
¿Ai si? ¿Conozo a Lua Negra? Pois son o primeiro en enterarme... É o que teñen as anonimias cibernéticas. Sempre me pasa o mesmo -tamén na vida real-: a xente (re)coñéceme a min, eu non (re)coñezo a ninguén... :P
Vaia vaia vaia! Así que estamos máis preto do que pensabamos, Fra Vernero. Como é a cousa, musgallo? Coñecémonos mutuamente ou el coñéceme a min e a min pode que me soe... Adiar adiaremos, pero eu non aghuanto máis sen termos esa confraternización de blogheir@s que nos permita poñérmonos cara... Que intrighada me tedes, ghasús!
Si que che conose e podería darche datos teus que el me deu, pero non o fagho por non che descubrir a identidade no bló.Polo menos,conóseche de oídas, o que quere dicir que conose a xente que che conose (vaia trabalinguas). Eu si que non quero conoser persoalmente a ninguén porque (outra vez tres tristes tigres comían trigo)sei que xa conoso alguén. O caso: non quero saber quen é cada quen. Mira, xa souben quen era Pintega e xa non me mola moito entrarlle no bló por iso. Ademais, seguro(aseguradísimo)que entra peña coa que estou moitas horas a punto de rozarlle co cóbado. Mellor como estamos, pro vós facede o que queirades. Ademais, hoxe xa recoñecín a pandilliña pola mañán en Filoloxía. Mira, Suroeste, xa sei quen es!
Vaites... así que estiveche poña mañá en filoloxía e non me avisas... Moi ben... xD Estouche ben intrigado. Xa che arrincarei con métodos inquisitoriais as personalidades segredas das superblogueiras... ¿Quizaves eses reparos que dis son os que levan a que nunca deixes nada escrito no meu blog, trasno? xD
Musgallo, Musgallo,¿como vas saber quen son se non son ninguén? Bueeeno, practicamente ninguén. Moitas veces teño que armar un escándalo na cola do peixe para que non me asoballen as señoras (non me ven). Vouche dar pistas: tomei un café e fun á biblioteca a mirar o número 23 de Dorna (a entrevista de A.R. a L.P, concretamente).
Acabáronse as empadas e murchou a cuchipanda... isto non é serio... e mira que había bo tempo ho! ;P Musghallo ben se ve que cagha por ela pero... muller, tampouco hai que ir en pelotas para que che dea tanta verghoña, hou,(iso se che dá verghoña ir en bolas...). Vós dirés, que isto xa non ten traza e a tal hora o arrós con berberechos ía preparar o sábado terei que comelo eu só... buaaah, ñam, ñam, ñam... Pois perdés *Una paloma blanca*, *la heroína*, e outros grandes ghits de gasolineira...
Cara Suroeste: vinche polo andar e logo na biblioteca, muller. Tiña o olliño avizor porque xa dixérades que iades á facultade onte pola mañán.Tamén se deu conta Fravernero ao que non avisei para que non se nos vise xuntos e nos descubrirades. Por certo, xa che coñecía, non moito, pero algo si. Así que les esa revista tan mala da Dorna? je,je! Si que morro pola empanada, Candorca, pero ghústame que os berberechos estean ben limpos.Hala, ide vós á cuchipanda que a Lúa Neghra amenízavos con pandeiretada. Eue, onde estás que non comentas nada?
Aquí estou, ho. A ver, a cuchipanda pa ser cuchipanda ten que ser cos/as máximos/as posibles. Ademais hoxe (xoves) o tempo vén avesío e dáme a min e a P-man (Weather's man, diormí sempre marra) que vai estar malo pó sábado-pasado-mañán. Así que adiade vós que a min dámevos a risa. A próxima finde non podo, tería que ser pa dentro de 15 días. Por certo, Suroeste, e o domingo 19? Val dicir, ¿pasado pasadomañán?
Eue, vouche confiar os meus contratempos: despois dun ano agardando por uns obreiros que me reconstrúan os pendellos do curral, chegaron avisando dun día para outro esta semana. O normal. O caso é que agora é urxente poñer orde no caos e, como sabes unha noite no muíño, unha noite non é nada....un fin de semana enteiro esa si que é muiñada.
Musgallo: non creo unha palabra do que dis, pero é máis, se fose certo que andas así perdendo o tempo en xogar ó escondite, enfín! Á Fac hei volver, cando queiras convídote a un café. Bicos nas vosas sete vogais tónicas.
23 comentários:
Cecais se o grandioso Castelao vivira nestes días, lamentaría que, despois de Extremadura ou a par, sigamos sendo un engadido, un terreo inexplorado pola curiosidade de Castela e Aragón, unha especie de illa verde, un misterio sen resolver, unha gota de choiva, un acebo agochado, un río enchido, unha nena...
...e nestes momentos, un bo terreo onde invertir e especular na desfeita urbanística, agora que o Mediterráneo xa é un cadavre broslado de horríbeis edificios de formigón...
Un bo inimigo é alén de interesante, un bo estimulo creativo. De odiar a amar hai pequeno treito, aliás. Nembargantes, prefiriría pescar á amada con tódalas súas impericias...
xD
Mudan as modas pero non mudan os modos.
Castelao tiña moitas virtudes, pero a de bon pintor non era, penso eu... A crítica tan áceda das súas caricaturas e marabillosa.
unha aperta
Jo, jo...aquí estou con Fraver (coma case sempre). Pola miña parte, defendo a incomunicación da Galiza.
Eue, estás feito ou es un poeta? Nunca deixas de asombrar.
Ai, a poesía...
Vistas as acepcións máis recentes e/ou contemporáneas da palabra "poeta", antes déixome esfolar, Musgallo. ;-)
por isso combén ter um olho engaiolando ao demo e oitro turrando do anxo, viva o país dos virolhos.....!!!!
Caro Eue: vexo que segues sen me dar a medida da túa cabeza. Non sei se tes tan pouca como quixeras ou tanta como parece, je,je...Bueno, ata a fin de semana non vou á casa, así que xa recibirás por algún meio estrano o teu sancosmeiro. Se non che serve, pódese cambiar. Total, túa nai será modista pero non creo que teñas unha cabeza circunferéndica perfeita, así que ese diámetro sería moi relativo.
En fin...aínda que andarei ata o venres por aquí, xa vos desexo unha feliz cuchipanda (escoitei esta palavra por primeira vez o día 1 de xaneiro); creo que vos vai quedar un bo día.Tiña moitas ganas de ir pero ademais de ser moi tímida, teño un arduo traballo urxente. Pero a ver se xa poñedes outra data para unha nova cuchipanda para máis adiante. Por Deus, que non cadre en San Xoán porque non vou roubar carros (onde irei roubar un agora?). Por certo, hoxe fixéronme a carta astral e fíxome moita gracia porque di que sempre saco o peor da xente. Quizais sexa certo, así que me vou refinar moi refinadiña.
48 cm segundo os dotes de cálculo da Lúa Neghra, aínda que non me acordou pedirlle na finde a fita métrica á miña nai (modista) nin aínda dei mercado unha. Así que, sentindo moito non coñecer a túa versión analóxica o sábado, se non hai novedá ghíate polo cálculo lunar.
;-)
Amólame dicir isto, pero é moi probable que o sábado non poida levar as empanadas prometidas.Mellor non contedes comigo. Síntovolo ben.
Micaghoindiola!
Se empezamos a faltar os catro que somos case é millor adialo.
Eu voto por adialo xa. Que opinades?
Síntome culpable, pero se o deixamos para outro día mellor.E os demais que pensades?
Mañá vou á Fac. Á iso da 1 e cuarto remato. Queredes que nos vexamos brevemente e falámolo?
Jo, joooo...! Como serán logho eses cálculos lunares sen a sinta métrica? Por serto, meu amigo (Charlie Brown, non)Fraver conose a Lúa Neghra.
¿Ai si? ¿Conozo a Lua Negra?
Pois son o primeiro en enterarme...
É o que teñen as anonimias cibernéticas. Sempre me pasa o mesmo -tamén na vida real-: a xente (re)coñéceme a min, eu non (re)coñezo a ninguén...
:P
Vaia vaia vaia! Así que estamos máis preto do que pensabamos, Fra Vernero. Como é a cousa, musgallo? Coñecémonos mutuamente ou el coñéceme a min e a min pode que me soe... Adiar adiaremos, pero eu non aghuanto máis sen termos esa confraternización de blogheir@s que nos permita poñérmonos cara... Que intrighada me tedes, ghasús!
Si que che conose e podería darche datos teus que el me deu, pero non o fagho por non che descubrir a identidade no bló.Polo menos,conóseche de oídas, o que quere dicir que conose a xente que che conose (vaia trabalinguas).
Eu si que non quero conoser persoalmente a ninguén porque (outra vez tres tristes tigres comían trigo)sei que xa conoso alguén. O caso: non quero saber quen é cada quen. Mira, xa souben quen era Pintega e xa non me mola moito entrarlle no bló por iso. Ademais, seguro(aseguradísimo)que entra peña coa que estou moitas horas a punto de rozarlle co cóbado. Mellor como estamos, pro vós facede o que queirades. Ademais, hoxe xa recoñecín a pandilliña pola mañán en Filoloxía. Mira, Suroeste, xa sei quen es!
Vaites...
así que estiveche poña mañá en filoloxía e non me avisas... Moi ben... xD
Estouche ben intrigado. Xa che arrincarei con métodos inquisitoriais as personalidades segredas das superblogueiras...
¿Quizaves eses reparos que dis son os que levan a que nunca deixes nada escrito no meu blog, trasno?
xD
Musgallo, Musgallo,¿como vas saber quen son se non son ninguén? Bueeeno, practicamente ninguén. Moitas veces teño que armar un escándalo na cola do peixe para que non me asoballen as señoras (non me ven).
Vouche dar pistas: tomei un café e fun á biblioteca a mirar o número 23 de Dorna (a entrevista de A.R. a L.P, concretamente).
Acabáronse as empadas e murchou a cuchipanda... isto non é serio... e mira que había bo tempo ho! ;P
Musghallo ben se ve que cagha por ela pero... muller, tampouco hai que ir en pelotas para que che dea tanta verghoña, hou,(iso se che dá verghoña ir en bolas...).
Vós dirés, que isto xa non ten traza e a tal hora o arrós con berberechos ía preparar o sábado terei que comelo eu só... buaaah, ñam, ñam, ñam...
Pois perdés *Una paloma blanca*, *la heroína*, e outros grandes ghits de gasolineira...
Cara Suroeste: vinche polo andar e logo na biblioteca, muller. Tiña o olliño avizor porque xa dixérades que iades á facultade onte pola mañán.Tamén se deu conta Fravernero ao que non avisei para que non se nos vise xuntos e nos descubrirades. Por certo, xa che coñecía, non moito, pero algo si.
Así que les esa revista tan mala da Dorna? je,je!
Si que morro pola empanada, Candorca, pero ghústame que os berberechos estean ben limpos.Hala, ide vós á cuchipanda que a Lúa Neghra amenízavos con pandeiretada. Eue, onde estás que non comentas nada?
Aquí estou, ho.
A ver, a cuchipanda pa ser cuchipanda ten que ser cos/as máximos/as posibles.
Ademais hoxe (xoves) o tempo vén avesío e dáme a min e a P-man (Weather's man, diormí sempre marra) que vai estar malo pó sábado-pasado-mañán.
Así que adiade vós que a min dámevos a risa. A próxima finde non podo, tería que ser pa dentro de 15 días.
Por certo, Suroeste, e o domingo 19? Val dicir, ¿pasado pasadomañán?
Eue, vouche confiar os meus contratempos: despois dun ano agardando por uns obreiros que me reconstrúan os pendellos do curral, chegaron avisando dun día para outro esta semana. O normal. O caso é que agora é urxente poñer orde no caos e, como sabes unha noite no muíño, unha noite non é nada....un fin de semana enteiro esa si que é muiñada.
Musgallo: non creo unha palabra do que dis, pero é máis, se fose certo que andas así perdendo o tempo en xogar ó escondite, enfín!
Á Fac hei volver, cando queiras convídote a un café.
Bicos nas vosas sete vogais tónicas.
Postar um comentário