18.1.06

Musicoloxía galega. Homes


O galego ao barbearse
canta os vibratos finais
exactiño aos de Iggy Pop


REC36.wav
Powered by Castpost

11 comentários:

Anônimo disse...

Xirarei, xirarei coma a roda do muiño...
Unha aperta
;)

Veloso disse...

As voltas no escenario de Bisbal son unha mala copia das de Xil Ríos. Un saúdo dun galego que, ao barbearse, canta os vellos éxitos de Pucho Boedo, moi en especial aquel de "O vello e o sapo". Cro, cro.

Anônimo disse...

Efectivamente, o meu pai canta mentres se barbea e prepara o bigote unha canción de Tom Jones, pero soa exactamente igual ao Jim Morrison; teño feito duetos con el mentres me ducho co Camon beibi lai mai fair... pero el di que eue non sei inglés...

Anônimo disse...

Outro día que veña máis a conto lárghoche aquela das aventuras dos meus vellos cando eran novos e foron cear ao restaurante de Xil Ríos.

Anônimo disse...

Hai haicus que melloran (segundo os clásicos din) dándolles a volta:

Iggy Pop ó barbearse
canta os vibratos finais
exactiño aos do galego.

Era por ver se os clásicos levaban razón. Non sei que opinar.

eue disse...

Pois si, Tío Pepín; de feito, os catro primeiros comentarios confirman a túa afirmación. Xa eu nunha volta dixen que o universo se lle asemellaba un mundo a Galiza.

Agardo expectante pola tal anécdota que vai adquirir o status de mítica, Caladinha! ;-)

Anônimo disse...

E a gravación anexa..., de quen ven sendo?

Gerardo disse...

Hola rapás. Lembreime da dirección.

Saúdos

FraVernero disse...

Tanto xirar e imos acabar mareados, ou... xD Ou en trance místico, xa que a Fleur de Lys saca a relocir a Battiato e aos derviches turcos...
Certo é que os muíños sempre se prestaron para todo tipo de actividades, alén do redondeo da roda (que non cuadratura do círculo). Hai un famoso xogo coñecido coma 'Nine men´s morris' en inglés, Alquerque de Nueve en castelán e 'Muíño' en galego, mestura de tres en raia e das damas, e que xa aparecía grabado nos cháns dos templos exipcios e os anfiteatros e basílicas romanas...
Canto a Iggy, está sempre xenial, como cando (fai uns anos) pasou polo Monte do Gozo. Un home que me debe triplicar a idade polo menos e que se move moito mellor do que min... xD

eue disse...

Iggy é deus, como refrendan as ligazóns da dereita ;-)
Benvido por aquí Gerardo!
A gravación... ben, é un inédito de certo tipo cantautor un chisco raro dun cantar que versionea seu pai cando se barbea... ;-DDD

Anônimo disse...

Xa se me facía coñecida esa voz...