29.6.06

Espiñas de graxa no lombo


A guerra
dos sexos
do s. XXI

22.6.06

Gheada Mundial


Ghana
Ghana, Ghana...

... ghana!

21.6.06

Relaghaçión de esfínteres



Por que raio será que ao
entrarmos pola porta da casa
nos vén a gana de mexar?

15.6.06

A mesa dos nenos perdidos


Puñan unha mesa
para os nenos nos convites

a de nunca (xa)mais

14.6.06

Ouvido cociña II


Arremecághona
grava no Malas
Sigho (Vivo)!

Ouvido cociña I


Podes escoitar e descargar...

... Se descobres que a NASA che rouba
os
discos de Cumbias 13

13.6.06

Cuarta dimensión


Enormiño
Diminutazo

O noso amor

9.6.06

O pracer


O pracer de quitarmos amodo
un calcetín que levase
o día enteiro apegado á pel

1.6.06

Meu pai hit


Desde logho
ti tamén

empreñas do aire

31.5.06

Cambio de secuencia


A putada é non poder marchar
despois de soltar unha frase lapidaria

coma nas pelis americanas

29.5.06

E lo' que, eh?


Xa me molaba a min ver
como se amañan despois

do The End

24.5.06

Fracaso normalizador


Nestes 23 anos de LNL
gañamos ámbitos aburridos
e perdemos os divertidos

23.5.06

Parábola lingüística IV


Vouche ser
absolutamente cinxeiro

pero sen queimarme

22.5.06

Ex-fumador


Xa non puntúo
a vida con cigarros

fago verso libre

18.5.06

10.5.06

Endodighlosia


O abuso da norma sirve
pa seghir convençendo aos d'Abaixo
de que non saben falar

9.5.06

Parábolas lingüísticas II


Pois agora que estamos sós
imos daquela ti e mais eu

intimidar un pouco...

2.5.06

Dobre unissonans. Cántiga de Amigo


Y en la distancia te puedo ver
Cuando tus fotos me siento a ver
Y en las estrellas tus ojos ver

1.5.06

Dobre unissonans. Cántiga de Amiga



Contigo, mi vida
quiero vivir la vida
lo que me queda de vida

27.4.06

Un idiolecto de meu


Un/ha... do collón
Caghar patatillas

Festa no aire!

26.4.06

O meu idiolecto



Vouche tirar iso á da Duarda
Óeseche no San Amaro
Vai caghar á Fosqueira!

24.4.06

O meu cheiro/olor favorito



Senhora do Almortão, a vossa capela
cheira a cravo, cheira a rosa

cheira a flor da laranjeira

20.4.06

Paraugas e máquina de coser



Cal é a parella
máis dura de maxinar fodendo
ca os vosos pais?

17.4.06

A odre non ipmtora


Di un edtsuo que a odre non ipmtora
que os txtoes se ednetenn iuagl
se a peirirma e a úmlita lrtea etsán ben

11.4.06

Falarlles o castelán aos turistas



É coma esconderlles
a catedral de Santiago

cambiándolla pola de Burgos

10.4.06

Corrector automático



Non che é o mesmo
cargar no coche

ca cagar no coche

6.4.06

Disque


Cristo
era
a hostia

5.4.06

Miñabuela meets Real Academia!




Quinta, corta feira,
vasoura, couro,
colleren, trafego...

31.3.06

Lugar de traballo



Por aquí hai quen di
que traballa arriba

eu traballo alá

29.3.06

O meu xoguete favorito

Quería un cabalo branco,
"o de" Curro Jiménez

non "coma o de"

28.3.06

Dito popular




Ti, tranquilo,
que Tranquilo
morreu caghando

24.3.06

Díxoo ela


Fódesme
a vulva
raquídea

22.3.06

Antirobalización!


Hai o perigo
de vivirmos nun mundo
robalizado

15.3.06

No asento de atrás


Pra me entreter
maxinaba que corría
de par do coche

14.3.06

O bico


Tiñan o nariz tan grande
que se bicaban ao tempo

en galego e innuit

10.3.06

As "cuestións persoais"...



... impídennos ver máis veces
a valía dos odiados
ca a impericia dos amados

8.3.06

Profilla un/ha filólogo/a



El/ela repasa as opos
ti aforras as pasantías

e ligades grazas a "galle"

7.3.06

O pic-nic de San Lourenzo




Quedamos pra amañar o mundo
filoloxicamente falando
sábado 18 ás 15:00?

2.3.06

1.3.06

De que fuches?


Metínlle un susto que flipas
a un veciño, que topou á mañá

un drugo borracho no portal